Imprimir

MELLORA O EQUIPAMENTO DOS BOMBEIROS DE LUGO COA COMPRA DE 45 MODERNOS CASCOS QUE SUPUXERON UN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 15.000 EUROS


18/6/2012

A Concellería de Protección Cidadá vén de adquirir 45 modernos cascos para mellorar o equipamento do que dispón o Corpo de Bombeiros de Lugo.

Hoxe comezou a subministración dos novos cascos que, entre outras características técnicas, dispoñen dunha pantalla de protección facial que é resistente ós produtos químicos.

Tamén están dotados cun visor ocular que asegura a protección dos ollos fronte a impactos e proxeccións.

Os novos cascos están deseñados para traballar con obxectos cortantes, produtos sólidos ou líquidos corrosivos e con produtos químicos. Tamén serven para traballar con metais fundidos, calor radiante, chamas e corrente eléctrica.

Contan, ademais con un acondicionamento que permite a instalación tanto de sistemas de comunicación como de iluminación.

O investimento que fixo o Concello para a compra deste material foi de 15.292 euros.