Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Xa está aberto o prazo de matrícula nas escolas infantís do Concello


# Luns, 18/06/2012
Esther Muñoz destaca que as 238 prazas nas garderías que mantén o Concello non son dabondo para atender toda a demanda existente en Lugo

A educación infantil é competencia da Xunta de Galicia


A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, informou hoxe de que ata o día 22 de xuño permanecerá aberto o prazo de matrícula nas escolas infantís municipais.

O Concello ofrece un total de 238 prazas para nenos menores de 3 anos nas catro escolas infantís municipais. Cada unha das garderías de Serra de Outes, Gregorio Sanz, Luis Soto Menor (San Fiz) e a da Piringalla, dispón de catro unidades, unha para nenos de menos dun ano, outra para nenos de 1 a 2 anos e dúas para os nenos que teñen idades comprendidas entre 2 e 3 anos.

Esther Muñoz lamentou que, a pesar do esforzo feito polo Concello para poñer a disposición das familias as catro escolas infantís municipais, a oferta de prazas é inferior ás necesidades que hai en Lugo. Muñoz lembrou que a educación infantil é unha competencia da Xunta de Galicia.

Coa apertura, o ano pasado das garderías de San Fiz e a Piringalla, o Concello duplicou a oferta de prazas públicas nas escolas infantís. A apertura dos novos centros supón un importante esforzo económico para as arcas do Concello xa que ó investimento feito na construción das dúas novas escolas infantís hai que engadir os gastos de funcionamento que é duns 300.000 euros anuais cada un dos centros. A achega que fixo a Xunta de Galicia o curso pasado foi só para as garderías de Serra de Outes e Gregorio Sanz, que recibiron, cada unha delas 29.000 euros.

A Concelleira de Educación tamén anunciou que unha vez rematado o prazo de matrícula, o día 27 de xuño celebrarase unha xuntanza coas familias dos nenos en cada escola infantil.

Coñeza as Escolas Infantís Municipais e tramite a súa solicitude dende a Sede Electrónica.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova