Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello reclámalle á Xunta que tome medidas para garantir a seguridade do Cuartel de San Fernando


# Luns, 18/06/2012
O estado de abandono do edificio, que xa foi denunciado en numerosas ocasións, provocou a caida de parte da cornixa dunha ventá e os bombeiros tiveron que retirar cascotes da fachada que ofrecían perigo

O Concello reclámalle unha vez máis á Xunta de Galicia que tome medidas para garantir a seguridade do Cuartel de San Fernando xa que mantén nun estado tal de abandono o inmoble que o seu deterioro mesmo supón un risco para a seguridade das persoas.

Esta situación, que xa foi denunciada en ocasións anteriores polo Concello, provocou hoxe a caída de parte da cornixa dunha ventá o que obrigou a actuar á Policía Local, ós Bombeiros e a Protección Civil.

Segundo informa a Policía Local, esta mañá recibiuse unha chamada na sala do 092 comunicando que na rúa San Froilán, á altura do número 8 desprendeuse dunha fachada parte da cornixa dunha ventá existindo o risco de desprendemento doutras que se atopaban na mesma situación.

Os axentes que se desprazaron ó lugar comprobaron que efectivamente se desprendera parte dunha cornixa de dimensións considerables do edificio e que tamén ofrecían risco de desprendemento varias cornixas doutras ventás, así como parte da zona superior da fachada colindante coa rúa Quiroga Ballesteros. Por este motivo solicitaron a presenta dunha dotación de bombeiros que se encargaron da retirada dos cascotes que ofrecían máis perigo de desprendemento.

Unha vez retirados os cascotes de pedra, solicitouse ó servizo de Urbaser a retirada dos mesmos da vía pública e posteriormente, o servizo de Protección Civil valou a zona para establecer un perímetro de seguridade.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova