Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo participou hoxe nunha reunión do Eixo Atlántico que tratou sobre as infraestruturas do ferrocarril


# Martes, 19/06/2012
A próxima reunión celebrarase en Monforte e tratará da proposta do Goberno de España sobre o transporte ferroviario transeuropeo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou este martes nunha xuntanza que celebrou a Comisión Executiva do Eixo Atlántico para tratar sobre o mapa de infraestruturas do ferrocarril. A reunión celebrouse no Pazo de Congresos de Barcelos (Portugal).

Na xuntanza de hoxe acordouse facer un estudo sobre a importancia do enlace ferroviario Vigo-Tui-Oporto e tamén se abordou a rede ferroviaria de transporte europeo.

A Executiva do Eixo Atlántico celebrará en Monforte a súa próxima reunión, que terá lugar o día 25 de setembro e, segundo se acordou hoxe, defenderase nela a proposta do Goberno de España sobre o transporte ferroviario transeuropeo.

A proposta española prevé unha rede básica de viaxeiros coa que se pretende introducir un xeito homoxéneo de transporte a todas as capitais de provincia baseado na proposta nacional dunha rede mallada de traxectos de Alta Velocidade coa creación de corredores como o León-Ourense cun ramal Lugo-A Coruña.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova