Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Samuel Fernández Chorén, de 11 anos e do Colexio Paradai, gañador do concurso "Exercita a túa lingua. Usa o galego"


# Martes, 19/06/2012
Recibiu como premio unha bicicleta de mans do tenente alcalde, Antón Bao

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Esta campaña de promoción da lingua foi promovida en colaboración coa Asociación de Ximnasios de Lugo e nela participaron máis de 450 nenos e nenas

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Antón Bao, entregou esta tarde a Samuel Fernández Chorén, de 11 anos de idade e do colexio de Paradai, o premio do concurso 'Exercita a túa lingua. Usa o galego', no que participaron 450 nenos e nenas de Lugo. Samuel Fernández foi o gañador deste concurso e recibiu como agasallo unha bicicleta.   O presidente da Asociación de Ximnasios, Xosé Manuel Gómez Suárez, e o Tenente de Alcalde, Antón Bao, amosaron a súa satisfacción polo alto índice de participación acadado nesta primeira edición da campaña Exercita a túa Lingua. Ao remate do período aberto para a realización do encrucillado e da sopa de letras, na categoría infantil, os ximnasios participantes recolleron un total de 589 encrucillados e 450 sopas de letras. Os máis de 1.000 participantes entrarán, agora, no sorteo de diversos premios como bonos gratuítos de uso dos ximnasios asociados durante 6 meses. Tamén se sorteará unha bicicleta entre os nenos e nenas participantes.

Esta campaña de uso do galego nos ximnasios xurdiu grazas ao acordo establecido entre a concellería de Promoción da Lingua do Concello de Lugo e a Asociación Provincial de Ximnasios de Lugo e desenvolveuse entre os días 7 e 31 de maio. Exercita a túa Lingua, chegou aos máis de 5.000 usuarios dos ximnasios do concello de Lugo, aproximadamente 4.000 adultos e uns 1.000 nenos e nenas e a outros lucenses que participaron libremente. A campaña ten por obxecto incentivar o uso da lingua nas actividades cotiás que se levan a cabo nos propios ximnasios.

Un dos obxectivos deste convenio establecido entre a Asociación Provincial de Ximnasios e a Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua é fomentar, dende os propios ximnasios, valores do noso patrimonio cultural inmaterial. Para isto un total de 22 monitores, pertencentes á Asociación Provincial de Ximnasios de Lugo acudiron, a 2 cursiños nos que adquiriron coñecementos sobre os xogos populares e bailes tradicionais. Os cursiños, nos que ser formaron os monitores, foron impartidos pola Tradescola e por Xotramu.

O encrucillado e a sopa de letras foron elaborados polo escritor e académico da lingua Darío Xohan Cabana que é funcionario da Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.

Coñece a campaña Exercita a túa lingua. Usa o galego.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova