Cargando....
Concello de Lugo
01/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e o Club Fluvial organizan o IX Curso de Verán de Piragüismo


# Mércores, 20/06/2012
Os cursos terán lugar nos meses de xullo, agosto e durante a primeira quincena de setembro

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e Luis Gregorio Ramos Misioné, en representación do Club Fluvial, presentaron os cursos de piragüismo organizados polo Concello de Lugo e a entidade lucense que permitirá aos rapaces e rapazas de a partir de 10 anos iniciarse neste deporte tan arraigado na cidade.

O Concelleiro explicou que esta actividade permitirá aos participantes disfrutar dunha contorna natural do Miño e, ademais, facer exercicio. Díaz Grandío lembrou que destes cursos saíron algúns dos grandes piragüistas cos que conta a cidade e que acadaron grandes éxitos como Campionatos Nacionais.

Os interesados en participar deberán saber nadar como mínimo 50 metros, e poden recoller a solicitude de inscrición nas oficinas da Concellería de Deportes ou no Club Fluvial. A Cota do curso será de 18 euros para os menores de 18 anos e de 24 euros para os maiores de 18.

Os cursos terán lugar de luns a venres nos meses de xullo e agosto en horario de mañá de 12.00 a 13.00 horas e de tarde en dúas quendas: de 17:00 a 18.00 horas e de 18:00 a 19:00, ademais, durante a primeira quincena de setembro haberá unha quenda de 17:00 a 19:00 horas.

Para obter máis información pódese chamar ao teléfono da Concellería de Deportes: 982 297 423 ou ao teléfono do Club Fluvial 982 221 167. 
 
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova