Imprimir

O ALCALDE ASINA UN CONVENIO COA CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL PARA MELLORAR O CAMIÑO DA ESTRADA DA FONSAGRADA A BARBAÍN


20/6/2012

O Alcalde, José López Orozco, asinou hoxe un convenio coa Consellería do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, para mellorar o camiño da estrada da Fonsagrada a Barbaín. Ó acto, que tivo lugar na Delegación territorial da Xunta, tamén asistiu ó Concelleiro de Zona Rural, Manuel Chaín.

O acordo de cooperación entre as dúas institucións supón a inclusión do arranxo desta vía, que se vai asfaltar con aglomerado en quente, no Programa Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural.

O presuposto da actuación será dun máximo de 87.668 euros e será financiado con fondos transferidos polo Goberno á Xunta de Galicia, segundo o acordo do Consello de Ministros de 17 de outubro de 2011.

O Concello facilitará os terreos necesarios para levar a cabo esta obra e a Consellería do Medio Rural e do Mar farase cargo da licitación, tramitación e dirección dos traballos.