Cargando....
Concello de Lugo
09/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Dende primeira hora da mañá trabállase na retirada da árbore que caeu hoxe no Parque Rosalía de Castro


# Mércores, 20/06/2012


O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, informou esta mañá da caída dunha das árbores do Parque Rosalía de Castro. Trátase dun chopo, de máis de 80 anos, que estaba enfermo e que estaba previsto tirar no outono. A árbore desplomouse a primeira hora da mañá sen supoñer un perigo para os veciños.

Dopeso explicou que o estudo fitopatolóxico elaborado hai uns meses polo Concello no que se estudou a saúde das árbores do Parque, determinou que este chopo sufría necrose no tronco, polo que se acordou a súa tala que se ía facer no outono.

A primeira hora da mañá, tan pronto se produciu a caída da árbore a Policía Local acordoou a zona e os técnicos de medio ambiente puxeron en marcha o operativo para levar a cabo as labores de limpeza que está previsto que rematen en dous días.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova