Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Seis novos cursos de informática impartiranse en xullo no Telecentro do Castiñeiro


# Xoves, 21/06/2012
O prazo de matrícula está aberto ata o día 30

O Telecentro do Castiñeiro ten programados para o vindeiro mes de xullo seis novos cursos de informática, segundo informa a Concellería de Servizos Xerais.

Os cursos previstos son de informática para nenos e maiores, internet, internet avanzado, introdución ó software libre (linux), informática e Six e terán lugar de luns a venres con horarios de mañá.

As inscricións pódense facer chamando ó teléfono 010 ata o día 30 de xuño.

Máis información e calendario de cursos para xullo na ficha da Aula Multimedia do Castiñeiro.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova