Imprimir

SEIS NOVOS CURSOS DE INFORMÁTICA IMPARTIRANSE EN XULLO NO TELECENTRO DO CASTIÑEIRO


21/6/2012 O prazo de matrícula está aberto ata o día 30

O Telecentro do Castiñeiro ten programados para o vindeiro mes de xullo seis novos cursos de informática, segundo informa a Concellería de Servizos Xerais.

Os cursos previstos son de informática para nenos e maiores, internet, internet avanzado, introdución ó software libre (linux), informática e Six e terán lugar de luns a venres con horarios de mañá.

As inscricións pódense facer chamando ó teléfono 010 ata o día 30 de xuño.

Máis información e calendario de cursos para xullo na ficha da Aula Multimedia do Castiñeiro.