Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Joaquín París Varela gaña o concurso de carteis do San Froilán cun traballo titulado "A cada polbo lle chega o San Froilán"


# Xoves, 21/06/2012
O cartel gañador foi escollido por votación popular entre os 137 carteis presentados. Máis de 2.000 persoas participaron na votación

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Os cidadáns poderán dende hoxe e ata finais de xullo facer propostas para a elaboración do programa das festas a través da páxina www.sanfroilan.info

O cartel titulado A cada polbo lle chega o San Froilán, de Joaquín París Varela, será o cartel anunciador das festas deste ano. O tenente alcalde, o nacionalista Antón Bao, presentou hoxe o cartel gañador, que por primeira vez foi escollido mediante votación popular, efectuada a través da páxina www.sanfroilan.info e na que participaron máis de 2.000 persoas.

Os lugueses e luguesas escolleron co seu voto este traballo entre os 4 preseleccionados por un xurado técnico que fixo unha primeira escolla entre os 137 carteis presentados este ano a concurso. O cartel gañador recibiu 747 votos dun total de 2.128 votos emitidos polos cidadáns. O gañador recibirá 2.000 euros de premio e repartiranse 10 lotes de libros entre as persoas que participaron na votación, que por sorteo recaeron en Sonia Paleo Cora, Berio Molina Quiroga, Purificación López Rodríguez, Joaquín París Varela, Nieves Martínez López, Marcos Maceira Eiras, Carmen Lucas, Raquel Herranz Povedano, María Carmen Cedrón Pacios e Luis Seoane Lamela.

O cartel anunciador do programa infantil das festas, San Froilán Miúdo, leva por título Dominó e é obra de Violeta Vázquez Lence, de Lugo. O deseño foi escollido entre os presentados por medio cento de nenos e nenas.

Antón Bao anuncio ademais que dende hoxe e ata finais de xullo todos os lugueses e luguesas que o desexen poderán facer chegar ao Concello suxestións e achegas para o programa das festas e deixar constancia das súas preferencias en canto a artistas ou grupos para as actuacións musicais. Para facilitar esta participación dos lugueses na elaboración do programa habilitouse un espazo a tal efecto na web www.sanfroilan.info.

Participación lucense e animación nas rúas, as liñas mestras do programa deste ano

As liña mestra do programa das festas deste ano volverá a ser a participación e implicación dos lucenses. Segundo avanzou Antón Bao, preténdese “recuperar o carácter popular co que naceu a festa do San Froilán” para que “o pobo sexa o verdadeiro protagonista dos festexos”. Para iso, a edición deste ano contará, igual que aconteceu o ano pasado, con moita animación na rúa e con moita presenza de grupos lucenses. “Queremos encher as rúas de Lugo de actividades e de ledicia durante as festas”, dixo Bao.

Tamén anunciou Antón Bao que a súa intención é que as festas sexan “participativas e absolutamente democráticas para facer entre todos o mellor San Froilán posible” neste momento de crise económica. Lembrou que nas festas deste ano aforraranse 100.000 euros con respecto ao ano pasado, no que o orzamento foi de 842.000 euros.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova