Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Comisión de Seguimento da Axenda 21 reuniuse hoxe para analizar as propostas das distintas mesas temáticas


# Xoves, 21/06/2012
O novo documento actualiza as liñas de actuación para os vindeiros anos en materia medioambiental, social, económica e de participación cidadá

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Foro da Sustentabilidade reunirase de novo o vindeiro día 28 para avaliar o documento e dar prioridade á súa posta en marcha

A Comisión de Seguimento da Axenda 21 Local reuniuse hoxe para analizar o documento que recolle as propostas elaboradas polas distintas mesas temáticas que estiveron traballando nos últimos meses. A concelleira de Infraestruturas e Axenda 21, a nacionalista Paz Abraira, explicou que “este novo documento actualiza as liñas de actuación para os vindeiros anos fixadas no documento aprobado no ano 2007 e fixa novas prioridades tendo en conta a actual situación de crise económica, que variou substancialmente os problemas máis acuciantes que ten hoxe a cidadanía”, dixo.

Este novo documento con propostas sobre emprego e desenvolvemento económico, ordenación do territorio, participación cidadá e conciencia comunitaria, servizos sociais e sanitarios e medio ambiente será debatido agora no seo do Foro da Sustentabilidade, no que están representadas máis de 400 asociacións e cidadáns a título individual. A xuntanza será o vindeiro xoves, día 28 ás 20:00 horas no salón de actos do Centro Social Uxío Novoneyra.

Logo desta xuntanza do Foro da Sustentabilidade será o momento da posta en marcha da Axenda 21 Local, a principal ferramenta en materia ambiental e de participación cidadá coa que conta o Concello de Lugo. A concelleira Paz Abraira explicou que o obxectivo é poñer en marcha accións concretas e realizables que logren “unha cidade máis humana e habitable”. “Non renunciamos a obxectivos ambiciosos, pero a situación económica é a que é e queremos ser realistas para non crear frustración na cidadanía. Queremos planificar actuacións concretas para que ao longo destes 4 anos se poidan ver resultados”, dixo.

Na reunión de hoxe da Comisión de Seguimento estiveron presentes, ademais de Paz Abraira, o titular de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, a responsable de Economía, Sonia Méndez, e a concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira.

www.lugo.es/ws/axenda21

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova