Cargando....
Concello de Lugo
28/03/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello programa novas actividades de ocio e lecer para o verán


# Xoves, 21/06/2012
A través do Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias organízanse novas alternativas de ocio para os meses de xullo e agosto

Imaxe Asociada

Máis información e reservas a través do teléfono do Concello 010

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, que dirixe Carmen Basadre, organiza unha serie de actividades de ocio e lecer para os meses de verán dirixidos aos máis novos a través do programa +Xti Verán 2012.

Así, dende o Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias, ofértase unha programación dirixida a rapaces e rapazas de doce anos en adiante. Serán un total de dez alternativas de ocio e lecer. As actividades son totalmente gratuítas. O equipamento, nas actividades que o requiran, correrá a cargo do alumno/a.

As inscricións poden facerse dende hoxe xoves 21 e ata o xoves 28 de xuño a través do teléfono do Concello 010. Quedarán admitidos/as por estrito orden de inscrición ata cubrir prazas.

Elaboración de monicreques
DURACIÓN: 2 ao 13 de xullo
DIAS: De luns a venres
HORAS: de 10.00 a 12.00 horas
LUGAR: C.C. Maruja Mallo (sala 3)
DESTINATARIOS: De 12 anos en adiante
PRAZAS: 15

Elaboración de carteiras de cómic e pulseiras
DURACIÓN: 2 ao 13 de xullo
DIAS: De luns a venres
HORAS: de 12.00 a 14.00 horas
LUGAR: C.C. María Balteira (sala 4)
DESTINATARIOS: De 14 anos en adiante
PRAZAS: 15

Globoflexia e papiroflexia
DURACIÓN: 2 ao 13 de xullo
DIAS: De luns a venres
HORAS: de 12.00 a 14.00 horas
LUGAR: C.C. María Balteira (sala 5)
DESTINATARIOS: De 12 anos en adiante
PRAZAS: 15

Goma eva e feltro
DURACIÓN: 16 ao 30 de xullo
DIAS: De luns a venres
HORAS: de 12.00 a 14.00 horas
LUGAR: C.C. María Balteira (sala 3)
DESTINATARIOS: De 12 anos en adiante
PRAZAS: 15

Pintura e deseño de camisetas e téxtil
DURACIÓN: 16 ao 30 de xullo
DIAS: De luns a venres
HORAS: de 10.00 a 12.00 horas
LUGAR: C.C. María Balteira (sala 5)
DESTINATARIOS: De 12 anos en adiante
PRAZAS: 15

Curso de dinámicas e técnicas de acción grupal
DURACIÓN: Do 1 ao 14 de agosto
DIAS: De luns a vernes
HORAS: de 11.00 a 14.00 horas
LUGAR: C.C. Maruja Mallo (sala 3)
DESTINATARIOS: De 18 anos en adiante
PRAZAS: 15

Curso de Mediación Intercultural
DURACIÓN: Do 1 ao 22 de agosto
DIAS: De luns a venres
HORAS: de 10.30 a 13.30 horas
LUGAR: C.C. Maruja Mallo (salón de actos)
DESTINATARIOS: De 18 anos en adiante
PLAZAS: 15

Curso de Mediación en Drogodependencias
DURACIÓN: Do 9 ao 27 de xullo
DIAS: De luns a venres
HORAS: de 10.30 a 13.30 horas
LUGAR: C.C. Maruja Mallo (salón de actos)
DESTINATARIOS: De 18 anos en adiante
PLAZAS: 15

Curso de Iniciación o alemán
DURACIÓN: Do 2 de xullo ao 31 de agosto
DIAS: De luns a venres
HORAS: de 09.30 a 13.30 horas
LUGAR: C.C. María Balteira- Casa das Linguas (aula 2)
DESTINATARIOS: De 14 anos en adiante
PLAZAS: 15

Curso de Iniciación o inglés
DURACIÓN: Do 2 de xullo ao 31 de agosto
DIAS: De luns a venres
HORAS: de 17.00 a 20.30 horas
LUGAR: C.C. María Balteira- Casa das Linguas (aula 2)
PLAZAS: 15

Tamén se ofrecen excursións nos meses de xullo e agosto en grupos de ata 15 persoas e que sairán dende o Uxío Novoneyra. Os participantes poden ser mozos e mozas de entre 14 a 20 anos acompañados de monitores e serán os días:
Excursión a Marcelle Natureza o 19 de xullo, a Garabullos o xoves 26 de xullo, a Avifauna o día 2 de agosto e ao parque de Sotavento o día 9 de agosto.

Como en anos anteriores, tamén haberá taichi ao aire libre no Parque da Milagrosa (xullo e agosto os luns e os mércores das 20:00 a 21:00 horas) e en Augas Férreas (en xullo os martes e xoves de xullo de 10.00 a 11.00 horas).


Máis información do programa +Xti en www.lugo.es/prevenciondrogas

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova