Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde felicita ó CD Lugo polo seu ascenso á Segunda División e amosa o orgullo que sinten todos os lucenses por este importante éxito deportivo


# Domingo, 24/06/2012
López Orozco transmitiulle á felicitación do pobo de Lugo lucenses ó Presidente do Clube

O Concello recibirá mañá ós xogadores, técnicos e directiva do CD Lugo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, felicitou hoxe, no nome da cidade, ó Clube Deportivo Lugo polo seu merecido ascenso á Segunda División do fútbol español.

Tan pronto rematou en Cádiz o partido no que o CD Lugo acadou ó ascenso polo que traballou durante toda a temporada, o Alcalde púxose en contacto co Presidente do Clube, José Bouso, para expresarlle a súa ledicia e a de toda a cidade por este meritorio éxito deportivo.

López Orozco explicoulle a Bouso que “Lugo está exultante por este importante logro do noso equipo de fútbol” e tamén lle dixo que “hoxe arde Lugo polos catro costados e mañá aínda arderá máis”, en referencia ó recibimento que lle farán os veciños de Lugo ó equipo.

O Alcalde tamén lle pediu ó Presidente do clube que lle transmita a súa felicitación ó entrenador, Quique Setién, ó equipo técnico e a todo o plantel de xogadores que hoxe foron quen de ascender ó CD Lugo á Segunda División.

José López Orozco, ademais de expresar a noraboa ó clube tamén manifestou que o Lugo contará co apoio de todos os lucenses para seguir mantendo os bos resultados deportivos que tanto entusiasmo e ledicia nos teñen proporcionado.

O Concello ten previsto ofrecer mañá unha recepción no nome de toda a cidade a xogadores, equipo técnico e directiva do CD Lugo para festexar este importante éxito deportivo, que enche de orgullo a todos os veciños de Lugo e que sitúa ó noso clube nun lugar destacado do fútbol español.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova