Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Policía Local acompañará ó Clube Deportivo Lugo no seu percorrido pola cidade para celebrar cos lucenses o ascenso á Segunda División


# Luns, 25/06/2012


A Policía Local acompañará ó Clube Deportivo Lugo nos actos cos que a cidade celebra hoxe o ascenso á Segunda División, que inclúen unha recepción, ás 20.30, no Concello dende onde futbolistas, equipo técnico e directiva saudarán ós siareiros.

Unha parella de motoristas da Policía Local escoltará o autobús que trasladará ó Clube Lugo no seu percorrido polas rúas de Lugo, que incluirá unha volta pola ronda da Muralla.

O autobús que trasladará ó equipo sairá ás 19.15 horas da Feira de Pazos e Congresos. De alí dirixirase ó estadio Anxo Carro para recoller ós xogadores ás 19.30 horas. Dende o estadio, o autobús circulará pola avenida dos Deportes, Marqués de Ombreiro, Manuel de Falla, avda. das Américas, Fonte dos Ranchos, rúa Chantada, rúa Montevideo ata chegar á praza do Ferrol con San Marcos. Ás 20.00 horas o clube será recibido na Deputación provincial e de alí sairá cara o Concello pola porta de San Fernando e ronda da Muralla ata a porta de Bispo Aguirre por onde accederán ó lateral do Concello para ser recibidos polo Alcalde no Pazo municipal.

Unha vez rematada a recepción no Concello, o equipo subirá ó autobús para dar unha volta completa á ronda da Muralla antes de regresar de novo ó estadio Anxo Carro.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova