Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Preto de 450.000 persoas participaron este fin de semana na undécima edición do Arde Lucus


# Luns, 25/06/2012
Máis de 1.100 persoas viaxaron no Alsa a Lugo entre os días 20 e 24 de xuño

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde agradeceu o traballo de organización da festa que fixeron a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e o seu equipo

O Arde Lucus 2012 cumpliu un ano máis cun novo éxito de participación e marcando novas cifras de visitantes. Así, o confirmaron o Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, no balance que realizaron esta mañá dunha das festa de recreación histórica máis destacadas do norte de España, e na que este ano recibiu 450.000 visitantes aproximadamente.

O Alcalde destacou a “participación extraordinaria e moi activa tanto dos lucenses como das persoas que nos visitaron nestes días”. Tamén se felicitou López Orozco polo “comportamento cívico de todas as persoas que participaron na festa” e manifestou que o éxito do Arde Lucus débese a que “xa é unha festa consolidada e os datos que se achegan así o demostran”.

Neste sentido, López Orozco, avanzou que o Concello “vai seguir traballando duro para que o Arde Lucus siga medrando” e fixo fincapé en que “esto non sería posible se non contásemos coa intervención doutras administracións públicas e privadas, asociacións, medios de comunicación, colexios e os lucenses en xeral que demostraron que cando se poñen a traballar todos por Lugo son imparables”.

Pola súa parte, a Concelleira de Xuventude salientou que “foron tres días intensos nos que os veciños foron actores e partícipes, o que demostra que asumiron esta festa que recrea o noso pasado histórico e que contribúe a transmitilo más aló das nosas fronteiras”. Neste sentido, tamén salientou a colaboración económica que permitiu cubrir o 50% dos gastos totais orixinados pola festa. Do total, que son 257.092 euros, 117.452 euros corresponden a recadación feita a través dos postos de venda e comida, da venda do merchandising e dos patrocinios, o resto, 139.667 euros son gastos que asume o Concello e que é inferior ao presupostado segundo saluentou a Concelleira.

Basadre satisfeita dos resultados deste Arde Lucus incidiu en que “segundo os cálculos de Protección Civil a afluencia foi de ao redor de 450.000 persoas nestes días e destacou que “estiveron ateigados de público os espectáculos do Circo romano, os actos celebrados na praza de Santa María, no Campamento do Carril dos Fornos, e tamén a praza Maior estivo chea de xente día e noite” e, ademais, salientou o traballo dos ferreiros que traballaron no Campamento dos forxadores e fixeron unha escultura conmemorativa do Arde Lucus que quedou instalada no fondo da Praza Maior.

A responsable da área de Xuventude, agradeceu a todas e cada unha das persoas que se participaron na organización e desenvolvemento do Arde Lucus, dende o sector dos panadeiros e reposteiros, ao da hostelería, os clubes deportivos, as diferentes asociacións e grupos de teatro, e a todos aqueles que axudaron a que a cidade de Lugo ofrecese a súa mellor cara. Ademais incidiu en que “podemos considerar máis que consolidada esta festa cando, nunha época de dificultades económicas como a que estamos vivindo, somos capaces de reunir a tantas persoas en só tres días”. O gran número de visitantes tamén son un importante pulo para a economía da cidade especialmente nos sectores da hostelería, hoteis, comercios de telas e calzados, negocios de confección ou perruquerías e tendas de aderezos.

VIAXEIROS ALSA
Nesta fin de semana, foron 1.130 persoas as que se achegaron á cidade a través de autobuses do Grupo Alsa dende diferentes puntos da xeografía española, segundo o confirmaron membros da empresa. A todas estas persoas aplicouselles un 25% de desconto nos billetes.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova