Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Entregados os premios aos autores dos carteis que anunciarán o San Froilán 2012


# Martes, 26/06/2012
O deseño gañador, obra do lucense Joaquín París Varela, foi escollido este ano por votación popular entre os 137 carteis presentados a concurso

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O tenente alcalde, Antón Bao, entregou tamén 10 lotes de libros que foron sorteados entre as máis de 2.000 persoas que participaron na votación

Os cidadáns poderán durante todo o mes de xullo facer propostas para a elaboración do programa das festas a través da páxina
www.sanfroilan.info

O tenente alcalde e responsable das áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, o nacionalista Antón Bao, entregou esta tarde os premios aos autores dos carteis que anunciarán o San Froilán 2012. O deseño gañador, que por primeira vez foi escollido mediante votación popular, é obra do lucense Joaquín París Varela. Leva por título A cada polbo lle chega o San Froilán. O premio está dotado con 2.000 euros. Como finalistas quedaron Borja Bello Locay, Itziar Ezquieta Llamas e Encarna Parga Cervelo, que recibiron cadanseu agasallo.

Na categoría infantil a gañadora foi Violeta Vázquez Lence, tamén de Lugo. O cartel anunciador do programa infantil das festas, San Froilán Miúdo, leva por título Dominó. O deseño foi escollido entre os presentados por medio cento de nenos e nenas.

No acto celebrado esta tarde tamén foron entregados os 10 lotes de libros, que foron sorteados entre as persoas que participaron na votación popular a través de Internet que serviu para escoller o cartel das festas deste ano. Os lotes de libros recaeron en Sonia Paleo Cora, Berio Molina Quiroga, Purificación López Rodríguez, Joaquín París Varela, Nieves Martínez López, Marcos Maceira Eiras, Carmen Lucas, Raquel Herranz Povedano, María Carmen Cedrón Pacios e Luis Seoane Lamela. Na votación, efectuada a través da páxina www.sanfroilan.info, participaron máis de 2.000 persoas.

Elección popular

Os lugueses e luguesas escolleron este ano co seu voto o cartel das festas. O traballo gañador foi escollido entre os 4 preseleccionados por un xurado técnico que fixo unha primeira escolla entre os 137 carteis presentados este ano a concurso. O cartel gañador recibiu 747 votos dun total de 2.128 votos emitidos polos cidadáns.

Antón Bao anuncio ademais que ata finais de xullo todos os lugueses e luguesas que o desexen poderán facer chegar ao Concello suxestións e achegas para o programa das festas e deixar constancia das súas preferencias en canto a artistas ou grupos para as actuacións musicais. Para facilitar esta participación dos lugueses na elaboración do programa habilitouse un espazo a tal efecto na web www.sanfroilan.info.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova