Imprimir

O CONCELLO DE LUGO FORMA PARTE DA REDE DE CIDADES INTELIXENTES DE ESPAÑA CREADA POR 24 CIDADES PARA APROVEITAR AS NOVAS TECNOLOXÍAS EN TODOS OS EIDOS DA VIDA MUNICIPAL


27/6/2012 O Alcalde e o Concelleiro de Servizos Xerais participaron na constitución da Rede SMARTCITY que se celebrou hoxe en Valladolid

O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, participaron hoxe no acto de constitución da Rede de Cidades Intelixentes de España (Smartcity), que tivo lugar na Casa do Concello de Valladolid.

Lugo é unha das 24 cidades fundacionais desta Rede de cidades que dende hoxe pertence á Federacións Española de Municipios e Provincias.

Na sesión de hoxe aprobáronse os Estatutos e a Acta fundacional, así como os distintos grupos de traballo que irán desenvolvendo reunións nas distintas cidades. Os distintos grupos de traballo serán os encargados de buscar colaboración público-privada para unha Rede que nace co obxectivo de xerar emprego e de modernizar as estruturas das novas tecnoloxías e a súa aplicación a todos os aspectos da vida municipal.

A Rede financiarase mediante esa colaboración pública-privada, a través de fondos europeos e das distintas administracións públicas. Hoxe mesmo aprobouse un convenio de colaboración coa empresa Telefónica e coa Fundación de Desarrollo Infotecnológico de Empresas y Sociedad (Fundatec).