Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo aposta pola formación como medida de inserción laboral


# Mércores, 27/06/2012
Sonia Méndez informou que este luns comezan os primeiro cursos do Lugo Emprego Activo 2

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

Pola súa parte, Esther Muñóz, lembrou que as probas de selección foron moi complicadas xa que se presentaron máis de 1600 persoas para 420 prazas

A primeira fase está composta por 7 cursos de formación en diferentes sectores que se desenvolverán ata finais de ano



A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, deron a benvida ás máis de 100 persoas seleccionadas para a realización dos 7 cursos da primeira fase do Lugo Emprego Activo 2. Estes comezarán de forma escalonada e os primeiros en facelo serán o próximo día 2 de xullo os cursos de Monitor/a de turismo activo, Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, e o de Monitor/ a de ludotecas.

Sonia Méndez agarda que estes cursos “teñan un resultado satisfactorio para todos vós” xa que o Concello “leva moitos anos realizando este tipo de cursos que teñen un compoñente moi practico en empresas e que en edicións anteriores tiveron moi bos resultados”. A responsable da área de Economía, salientou que “estes cursos formativos teñen un nivel de inserción laboral aceptable e ademais proporciona unha experiencia laboral”. Ademais explicou que dende o Concello se aposta e se fai un gran esforzo por crear e manter este tipo de cursos, a través de financiamento europeo, xa que son de suma importancia para entrar no mercado laboral.

Pola súa parte, Esther Muñóz, explicou que se fixo un traballo moi duro de selección, xa que se presentaron máis de 1.600 persoas para as 105 prazas que corresponden con esta primeira fase, ”o que requiriu un gran esforzo por parte desta administración”. Tamén se referiu a que son cursos pensados para combinar a práctica coa teórica e quixo transmitirlles unha mensaxe optimista “xa que canto mellor está un preparado máis posibilidades ten de atopar traballo”.

No mes de agosto comezarán os cursos de Técnico/a en transporte sanitario, Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e de Encuestador/a. Finalmente, no de setembro iniciarase o de elaboración de produtos lácteos.

O proxecto Lugo Emprego Activo 2, cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través do programa Adaptabilidade e emprego, é un proxecto integral de mellora da empleabilidade e a formación. Nel desenvólvense distintas actividades, dende talleres de formación transversal, formación en diferentes sectores demandados polo mercado laboral, orientación e intermediación laboral e acompañamento por parte dos técnicos do Espazo>Lab, ao longo de todas as accións do proxecto. Con este plan integral favorécese ás persoas que teñen máis dificultades para acceder ó mercado laboral co obxectivo de dar formación e axudar a buscar traballo a veciños de Lugo

Lugo Emprego Activo 2 está dirixido a 420 beneficiarios finais que participarán en 28 accións formativas diferentes. Este programa, que terá diferentes fases, conta cun presuposto total de 1.144.340,60 euros, dos cales o Fondo Social Europeo financia o 80%, e finaliza en decembro de 2014.

www.lugo.es/espazolab

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova