Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As piscinas municipais exteriores abren este domingo día 1 de xullo


# Xoves, 28/06/2012
A entrada de nenos e nenas será de 1 euros e de 2,20 euros a dos adultos

Dende a Concellería de Deportes informan que as piscinas municipais de verán abren as súas portas o próximo domingo 1 de xullo. O horario do baño será de luns a venres de 12:00 a 20:30 horas, mentres que os sábados e domingos abrirase ás 12:00 e pecharase ás 20:00 horas.

Os prezos establecidos para esta nova campaña de verán están establecidos en 1 euro a entrada e 10,80 euros o abono de 15 baños para os rapaces e rapazas ata 15 anos. Para os adultos, de 16 anos en adiante, a entrada terá un custo de 2,20 euros, o abono de 15 baños de 22,30 euros e o abono de 15 baños para pensionistas será de 11,10 euros.

Por outra banda os abonos familiares terán unha tarifa especial: 29,90 euros o de 15 baños e de 59,10 o de 30 baños.

Os horarios das diferentes piscinas quedaría así:

PISCINA CLIMATIZADA DE FRIGSA
Pechada no mes de Xullo
Apertura 1 de Agosto
Horario Agosto
De Luns a Venres de
08:00 a 14:00 (saída auga 13:30)
16:00 a 22:00 (saída auga 21:30)
Horario Setembro:
De Luns a Venres de 08:00 a 22:00 (saída auga 21:30)
Sábados de
10:00 a 14:00 (saída auga 13:30)
17:00 a 20:00 (saída auga 19:30)
Domingos de 10:00 a 14:00 (saída auga 13:30)

PISCINAS EXTERIORES
Meses de Xullo e Agosto
Horario:
De Luns a venres de 12:00 a 20:30
Sábados e Domingos de 12:00 a 20:00

PISCINA PEDREIRAS
Aberta mes de Xullo
Horario habitual
Luns a Venres de
08:00 a 14:30 (saída auga 14:00)
16:30 a 23:00 (saída auga 22:30)
Sábados de
10:00 a 14:00 (saída auga 13:30)
18:00 a 21:00 (saída auga 20:30 )

Pechada no MES DE AGOSTO

deportes.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova