Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O luns 2 de xullo comezan cinco dos cursos das Actividades de Verán 2012 organizadas polo Concello de Lugo


# Xoves, 28/06/2012


A partir deste luns 2 de xullo comezan cinco novos cursos do programa Actividades de Verán 2012 +Xti organizado pola Área de Benestar Social, Igualdade e Xuventude. O prazo de inscrición remata hoxe pero os interesados aínda se poden apuntar achegándose aos centros nos que se imparten ditas actividades e a través do 010.

Os cursos que comezan son “Elaboración de monicreques” que remata o 13 de xullo en horario de luns a venres de 10:00 a 12:00 horas. Esta actividade está dirixida á poboación maior de 12 anos e levarase a cabo no Centro de Convivencia Maruja Mallo. Neste curso traballaranse na elaboración de monicreques para teatros e actuacións.

Por outro lado, tamén comeza no Centro de Convivencia Maruja Mallo, o curso de “Globoflexia e papiroflexia” en horario de 12:00 a 14:00 horas. Trátase dun curso máis práctico e creativo no que se traballará cos dous materiais distintas técnicas de elaboración de manualidades. No Centro Maruja Mallo tamén dará comezo o curso de “Elaboración de carteiras de cómic e pulseiras” será en horario de 12:00 a 14:00 horas e remata o día 13 de xullo.

Dentro das actividades de verán tamén se fomenta o coñecemento de linguas polo que o día 2 de xullo dará comezo o “Curso de iniciación ao alemán” e o “Curso de iniciación ao inglés”. Ambos desenvolveranse na Casa das Linguas ata o 31 de agosto en horario de luns a venres e de 09:30 ás 13:30 o curso de alemán e das 17:00 ás 20:30 horas o curso de lingua inglesa. O público ao que está dirixido é para maiores de 14 anos.

Máis información, horarios e programación en www.lugo.es/prevenciondrogas

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova