Imprimir

O ALCALDE PARTICIPOU NA AULA DE LECTURA DO CENTRO PENITENCIARIO DE BONXE


28/6/2012

O Alcalde, José López Orozco, participou esta tarde na Aula de Lectura do Centro Penitenciario de Bonxe.

O Alcalde comentou a obra “O estranxeiro”, de Albert Camus, que foi un dos libros que leron este curso os reclusos participantes nesta Aula de Lectura.

López Orozco comezou a súa intervención referíndose á biografía do autor, a época conflitiva na que viviu, marcada por episodios como a independencia de Alxeria, as correntes filosóficas da época e o seu pensamento político. Deseguido comentoulles a obra literaria do escritor e despois debateu distintos pormenores do libro “O estranxeiro” cos participantes na Aula de Lectura.

Previamente, o Alcalde, efectuou unha visita polas distintas instalacións do Centro Penitenciario de Bonxe, na que estivo acompañado polo director e polo responsable da Aula de Lectura.