Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Elixidos os gañadores do concurso de ambientación romana e castrexa que convocaron o Concello e El Progreso con motivo do Arde Lucus


# Venres, 29/06/2012
Os gañadores das distintas modalidades son as decoracións de Margarita Meilán, CEIP Quiroga Ballesteros, Farmacia Abella e Cervecería Fariñas

O xurado tamén acordou concederlle un accésit ó CEIP Casás

Os gañadores da Primeira edición do Concurso de Ambientación romana e castrexa do Arde Lucus, convocado polo Concello en colaboración do xornal El Progreso, fixéronse públicos hoxe logo da reunión que celebrou este mediodía o xurado.

O xurado acordou conceder o premio de fachadas e balcóns, dotado con 1.000 euros, a Margarita Meilán. Na categoría de escaparates, o premio de 500 euros foi concedido á Farmacia Abella e na de locais de hostalería, que tamén ten unha dotación económica de 500 euros, o premio foi para a Cervecería Fariñas. O premio na categoría especial de centros escolares, dotado con 1.000 euros, foi para o CEIP Quiroga Ballesteros. Nesta modalidade, o xurado acordou concederlle un accésit ó CEIP de Casás.

O xurado estivo composto polo Alcalde, José López Orozco; a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre; a Presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro; e representantes das asociacións Cohors III Lucensium e Lugnudum, así como da empresa Torre de Núñez.

O xurado destacou a participación nesta primeira edición do concurso de ambientación romana e castrexa, que naceu para animar a todos os lucenses e a colectivos como hostaleiros, comerciantes e centros escolares a engalanar a cidade con motivos romanos e castrexos co gallo da celebración do Arde Lucus.

Tamén salientou o xurado a importancia da participación rexistrada que está acorde coa implicación dos lucenses, na que radica ó éxito da festa do Arde Lucus, e puxeron de manifesto o alto nivel das decoracións que competiron neste primeiro certame, no que houbo medio cento de participantes.

www.ardelucus.com

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova