Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Este domingo preto de 1000 persoas participan na XVI Convivencia Familiar do Special Olympics Galicia


# Venres, 29/06/2012
Na xuntanza participan 22 asociacións diferentes de todo Galicia e de Asturias

Imaxe Asociada

A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, o Deputado de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, e o Presidente de Fadenga Feaps Galicia, Eladio Fernández, presentaron a XVI Convivencia Familiar Special Olympics, que se celebra por primeira vez en Lugo.

Esta xuntanza, que reúne a preto de 1.000 persoas entre familiares, voluntarios, profesionais e persoas con discapacidade intelectual, está orientado a fomentar a participación, a convivencia e o intercambio de experiencias entre os membros das 22 asociacións que participan e que se achegan dende todo Galicia e Asturias. O acto vai ter lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Lugo e na súa contorna.

Ana González Abelleira incidiu en que “o Concello sempre vai apoiar este tipo de actividades e iniciativas a favor das persoas que teñen unha serie de problemas engadidos na súa vida cotiá que non lles permite realizarse como ben quixeran”.

As actividades comezan coa inauguración ás 11:30 horas e a posterior entrega de medallas Special Olympics Galicia, á que seguirá unha misa e un xantar ás 14:30 horas. Xa pola tarde haberá a actuación de grupos musicais e diferentes actividades durante toda a tarde.

Esta xuntanza naceu en 1996, cando se organizou a primeira, da man de FADEMGA FEAPS GALICIA coa intención de facer visibles ante a sociedade os dereitos das persoas con discapacidade intelectual.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova