Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O profesorado da Escola Municipal de Música participa nun curso de pedagoxía musical


# Luns, 02/07/2012
Durante o mes de xullo os profesionais da Banda Municipal recibirán un total de catro cursiños formativos

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Pedagoxía e programación, pedagoxía da linguaxe musical, música e movemento e informática para músicos serán as disciplinas nas que se formarán os docentes da Escola Municipal de Música

Os vinte compoñentes da Banda Municipal de Música participarán neste mes en catro cursiños de formación nos que recibirán conceptos relacionados coa pedagoxía musical de cara a asumir as tarefas docentes na Escola Municipal de Música. No día de hoxe iniciouse a primeira destas accións formativas adicada á Pedagoxía Musical e Programación. Este curso está impartido por Daniel Borja Durán Alonso que é profesor no Conservatorio Profesional de Música de Lugo e especialista en pedagoxía e programación musical.

Unha vez que o persoal dependente da Banda Municipal de Música pasou a desempeñar as súas tarefas en xornada completa, para preparar a posta en marcha da Escola Municipal de Música, iniciáronse estes cursos que se prolongarán durante todo o mes de xullo. Serán un total de catro cursos que contribuirá a mellorar as aptitudes docentes dos actuais membros da Banda de Música.

O primeiro dos cursos, adicado á Pedagoxía Musical e Programación, desenvolverase os días 2 e 3 de xullo cunha duración total de 10 hora lectivas. No resto do mes impartiranse outros tres cursos monográficos que incidirán en aspectos como a Pedagoxía da Linguaxe Musical, a Música e Movemento e a informática musical.

Cursos de formación

Pedagoxía e Programación:
Obxectivos:
  a) Coñecer e adoptar principios básicos da Pedagoxía: o construtivismo e o aprendizaxe significativo.
  b) Coñecer e adoptar na práctica docente ideas fundamentais no ensino, aportadas por pedagogos
relacionados ou non coa ensinanza da música: Comenius, Giner, Piaget, Zulueta, Schumann, Freinet,
Ausubel, etc.
  c) Coñecer os principios básicos da Psicoloxía evolutiva e a súa aplicación na ensinanza da Música.
  d) Coñecer o proceso de desenvolvemento curricular: elementos, fontes e proceso de concreción.
  e) Elaborar proxectos educativos. A programación. A unidade didáctica.
  f) Coñecer a planificación curricular específica en canto aos obxectivos e contidos do aprendizaxe da música
no contexto das Escolas de Música e da educación de adultos.
  g) Coñecer a planificación curricular específica en canto á metodoloxía no contexto das Escolas de Música e
da educación de adultos.
  h) Coñecer a planificación curricular específica en canto á avaliación no contexto das Escolas de Música e da
educación de adultos.

Luns 2 de Xullo de 10 a 13h e de 16h a 20h Martes 3 de Xullo de 16h a 19hTotal: 10 horas.
Docente: Daniel Borja Durán Alonso.

Pedagoxía da Linguaxe Musical:
Obxectivos:
  a) Coñecer os principios básicos da Psicopedagoxía e a súa aplicación na ensinanza da material de Linguaxe
Musical.
  b) Coñecer e adoptar estratexias metodolóxicas para o traballo do desenvolvemento rítmico e da lectura,
vocal e auditivo: a metodoloxía de Zoltán Kodály.
  c) Considerar e coñecer o traballo de actividades periféricas pero necesarias na ensinanza da Linguaxe
Musical: audición, composición, lectura, etc.
  d) Apreciar a selección, secuenciación e temporalización de contidos coma accións fundamentais na práctica
docente, e adoptar criterios para o seu desenvolvemento.
  e) Coñecer recursos e materiais didácticos empregados na práctica da ensinanza da Linguaxe Musical: libros
de texto, instrumentos, material elaborado polo docente, etc.
  f) Coñecer e adoptar estratexias axeitadas en canto á distribución do tempo e do espazo.
  g) Deseñar actividades didácticas para o traballo na aula dos diferentes contidos.
  h) Coñecer estratexias para o traballo do alumno na casa en relación aos contidos rítmicos, de lectura, vocais
e auditivos.
  i) Coñecer recursos tic axeitados á materia de Linguaxe Musical: aplicacións e recursos na Internet.
  j) Coñecer as fases e instrumentos de avaliación

Mércores 4 de Xullo de 16h a 20h Xoves 5 de Xullo de 16 a 19h Mércores 11 de Xullo de 16 a 20
Total 11 horas. Docente: Daniel Borja Duran Alonso


Música e Movemento:
Contidos: 
  -  Relevancia da educación musical no desenvolvemento integral do neno en idades tempras.
  - Aspectos fundamentais sobre os que se debe centrar a educación musical nos primeiros anos:
percepción, expresión e creatividade. Obxectivos. 
  -  Bloques de contidos: educación auditiva, audición musical, educación rítmica, expresión vocal,
expresión instrumental, expresión corporal.
  - Metodoloxía. Recursos metodolóxicos: xogos musicais, contos cantados, cancións, danzas sinxelas e
movemento, audición activa, improvisación e conxunto instrumental.
  - A avaliación: criterios e procedementos.
  - Os materiais e o repertorio.
  - Bibliografía.

Os puntos anteriores concretaranse para tres niveis: I, de 3 e 4 anos; II, de 5 e 6 anos e III, 7 anos en adiante.

Luns 9 de Xullo de 9:30 a 13:30h y de 16h a 20h
Martes 10 de Xullo de 16 a 20h.
Total 12 horas.
4 horas para nenos/as de 3 y 4 anos
4 horas para nenos/as de 5 y 6 anos
4 horas para nenos/as a partir dos 7 anos.
Docente: Matilde Rubio Mur.


Informática para músicos/as:
Contidos
  - Coñecementos básicos do son: ¿que é o son?, características básicas do mesmo.
  - Entendemento da cadea de dixitalización: do micrófono ao ordenador e do ordenador ao altofalante.
  - Diferencia entre software y hardware:
  - Captura do son: micrófonos, tipos, patrones polares, gravadores dixitais portátiles.
  - Interfaces de audio: tarxeta de son, conversores A/D, D/A (latencia)
Software:
  - Tipos de software de audio:
  - editores de audio
  - gravadores multipista
  -  Instrumentos virtuais stand alone.
  -  Ferramentas de mezcla : eq,rev,delay,chorus, flange
  - Planificación dunha sesión de gravación, creación de carpetas, arquivos ordenados …

16 de Xullo de 9:30 a 13:30 y de 16 a 20h
17 de Xullo de 16 a 20h.
Total 12 horas.
Docente: Arturo Vaquero.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova