Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde defende o ensino público na inauguración do Primeiro Congreso de Software libre que empezou hoxe coa participación de case un cento de profesores


# Luns, 02/07/2012
O Congreso, organizado por IGACIENCIA, ten lugar hoxe e mañá no CEI

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, defendeu a importancia do ensino público durante a súa intervención, esta mañá, na inauguración do Primeiro Congreso de Software libre científico-matemático. Ó acto tamén asistiron os Concelleiros de Educación, Esther Muñoz, e de Servizos Xerais, Francisco Fraga, así como o Presidente da Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA), Manuel Díaz Regueiro.

O Alcalde eloxiou a iniciativa de IGACIENCIA de celebrar este Congreso en Lugo que permite divulgar, dixo, o software libre entre o profesorado co efecto multiplicador que elo representa.

Ademais, López Orozco coincidiu cos organizadores do encontro en que o software libre, igual que a divulgación da ciencia e o ensino, buscan compartir coñecemento entre persoas e difundir ese coñecemento.

O Alcalde tamén fixo unha defensa do ensino público de calidade. “Nestes momentos nos que as cousas non están fáciles para o ensino, non debemos deixar que esa onda nos leve porque canto máis invistamos en educación máis facilidades poderemos ter para saír desta situación de dificultades”, manifestou.

Para López Orozco, “algunhas cousas estanse facendo ó revés ou é que hai outros motivos para non darlle o apoio que o ensino precisa”. O Alcalde tamén salientou que o Concello, aínda que carece de competencias en materia educativa adica cada ano un investimento a esta área de arredor de 2 millóns de euros, porque o Goberno local defende que “non hai nada que iguale máis ós seres humanos que unha boa educación desde os primeiros anos da vida”.

O Primeiro Congreso de Software libre científico-matemático, organizado por Igaciencia en colaboración co Concello, celebrase hoxe e mañá no CEI e conta coa asistencia de case un centro de profesores procedentes de toda Galicia.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova