Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A USC ve como modelo o desenvolvemento da Axenda 21 Local do Concello de Lugo


# Martes, 03/07/2012
Profesores a alumnado dun máster da USC interesáronse polo carácter participativo de desenvolvemento da Axenda 21 Local

Imaxe Asociada

Paz Abraira asegurou que este “é o xeito de que os cidadáns poidan marcar as políticas das institucións”

A edil de Infraestruturas e Axenda 21 mantivo na mañá de hoxe unha xuntanza co profesorado e alumnado da USC que están a participar nun máster de contido medioambiental no campus de Lugo. O obxectivo da xuntanza foi o de coñecer polo miúdo todos os aspectos relacionados co desenvolvemento e contidos da Axenda 21 Local que está a impulsar o concello de Lugo. Paz Abraira amosou  o seu agrado polo feito de que “a USC se interese polo traballo que estamos a facer, isto quere dicir que estamos no camiño correcto”.

Nos últimos dous meses, segundo informou a edil de Infraestruturas e Axenda 21 “mantivemos 10 xuntanzas temáticas, catro coas forzas políticas, celebráronse dous foros de participación e todas estas xuntanzas foron abertas”. De todo este traballo previo saíu o documento que rexerá a Axenda 21 Local aínda que para Paz Abraira “é un documento vivo que está aberto a achegas e suxestións que mellorarán, sen dúbida, o contido do mesmo”.

Paz Abraira dixo que “fixemos un importante esforzo por contar coa opinión de todo o mundo e pensamos que toda a cidadanía debera de participar neste tipo de foros por que este é o xeito de implicar aos cidadáns á hora de definir as políticas que as institucións seguirán nos vindeiros anos”. Abraira sinalou que “o documento emanado das máis de 15 xuntanzas mantidas con colectivos, partidos políticos e cidadáns, recolle as inquedanzas e achegas de moitos colectivos e entidades que marcarán a política municipal dos vindeiros anos”.

Criticas do PP
En relación ás críticas vertidas, hoxe mesmo, polo partido popular Paz Abraira amosou a súa estrañeza xa que, segundo ela, “estiveron presentes practicamente en todas as xuntanzas e en ningún momento amosaron a súa desconformidade nin fixeron as achegas correspondentes”. Para Paz Abraira “esta actitude supón un desprezo para todos os colectivos e persoas que fixeron as súas contribucións en tempo e forma e amosa o respecto que ten o PP polos órganos de participación da cidadanía destinados a definir colectivamente as políticas do concello de Lugo”.

www.lugo.es/ws/axenda21

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova