Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Goberno Local acorda contratar mobiliario urbano para o tramo peonil da Ronda da Muralla, un vehículo para a Policía Local e un camión para asfaltar vías


# Mércores, 04/07/2012
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou, de xeito provisional, o Regulamento de Réxime Interno da Escola Municipal de Música e a convocatoria de catro prazas de persoal municipal

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a contratación de mobiliario urbano para instalar no tramo peonil da Ronda da Muralla, e de dous vehículos para o Parque Móbil, un vehículo destinado á Policía Local e un camión para asfaltado de vías. Outros acordos tomados este mércores polo Goberno local foron a aprobación provisional do Regulamento de Réxime Interno da Escola Municipal de Música e a convocatoria de catro prazas de persoal municipal, segundo informaron en rolda de prensa as Concelleiras de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e de Infraestruturas e Axenta 21, Paz Abraira.

A edil de Infraestruturas e Axenda 21, Paz Abraira, deu conta da aprobación do proxecto de humanización do tramo peonil da Ronda da Muralla. As obras, que se acometerán neste verán, terán un orzamento de 60.689,02 €. A este orzamento hai que engadir, segundo a edil de Infraestruturas, outros 73.000 € que irán destinados á instalación de alumeado público. Paz Abraira informou que se colocarán un total de 22 bancos con xardiñeira; 7 xardiñeiras e 7 papeleiras no tramo comprendido entre a Rúa Vilalba e a Praza da Constitución, adoptando este un carácter peonil. Ademais instalaranse luminarias de acordo co entorno monumental.

Esta actuación esta relacionada coas propostas existentes no documento da Axenda 21 como proposta de rexeneración do espazo urbano e suporá “a mellora e humanización do tramo peonil da Ronda da Muralla”. Paz Abraira informou que o mobiliario quedará instalado antes do comezo do próximo curso e converterá a zona e peonil dun xeito definitivo. Paz Abraira dixo que “esta intervención supón gañar este tramo como espazo de uso para os veciños e veciñas e convertelo nunha sala de estar para os lucenses”.

Pola súa parte, a responsable de Economía, Sonia Méndez, informou da contratación polo procedemento de leasing de dous novos vehículos para o Parque móbil municipal. Trátase dun vehículo radio patrulla destinado á Policía Local, cun importe de 32.869 euros e un prazo de entrega máximo de 90 días naturais, e un camión con cisterna de emulsión asfáltica, cun prezo total de 195.193 euros e 120 días naturais de prazo máximo de entrega.

Méndez tamén anunciou a aprobación das bases para cubrir catro prazas do cadro de persoal funcionario do Concello que se convocan en quenda libre. Estas prazas figuran de Ofertas de Emprego de anos anteriores e son de auxiliar administrativo, celador/a de colexio público, condutor/a e enxeñeiro técnico topógrafo/a.

Escola Municipal de Música

Paz Abraira informou tamén da aprobación provisional, na Xunta de Goberno Local,  do regulamento de réxime interno da Escola de Música Municipal de Lugo. Este documento ten como obxectivo establecer normas sobre a convivencia, a organización e a participación no centro, que regulen a vida diaria e garantan o cumprimento dos obxectivos da actividade del. O ámbito de aplicación deste regulamento abarcará todas as dependencias da Escola en calquera momento, e individualmente a todas as persoas adscritas na forma que sexa ao centro durante a súa permanencia nel e cando, participando nas actividades extraescolares ou complementarias fóra do recinto escolar, actúen como membros del.

Paz Abraira dixo que esta é un dos trámites necesarios para que no vindeiro curso comece a funcionar a Escola Municipal de Música. Con este obxectivo están este día desenvolvéndose os cursiños de formación nos, os membro da Banda de Música, recibirán conceptos relacionados coa pedagoxía musical de cara a asumir as tarefas docentes na Escola Municipal de Música. Unha vez que o persoal dependente da Banda Municipal de Música pasou a desempeñar as súas tarefas en xornada completa, para preparar a posta en marcha da Escola Municipal de Música, iniciáronse estes cursos que se prolongarán durante todo o mes de xullo. Serán un total de catro cursos que contribuirá a mellorar as aptitudes docentes dos actuais membros da Banda de Música.

Abraira informou tamén da contratación das obras para a adecuación do espazo destinado á Escola Municipal de Música. As obras a realizar contarán cun orzamento aproximado aos 100.000 € necesario para desenvolver o proxecto de adecuación do espazo que actualmente ocupan as salas de exposicións do Centro Social Uxío Novoneyra. O proxecto contempla a creación de espazos para desenvolver a actividade propia da escola e a adecuación acústica dos mesmos. Neste proxecto están reflectidas un total de 11 aulas para práctica instrumental que terán un tamaño medio de 10 m². Están previstas dúas salas de conxunto instrumental, de aproximadamente 60 m² cada unha, e unha sala de usos múltiples, acondicionada para realizar actividade física, duns 50 m². A escola tamén contará con dous despachos para traballos de administración e dirección e dous almacéns para material. Así mesmo manterase un espazo multidisciplinar que dará continuidade ao uso expositivo que actualmente ten esta planta do Centro Social Uxío Novoneyra e tamén servirá para organizar actividades de diverso tipo.

Rehabilitación

A Xunta de Goberno tamén acordou encomendarlle á empresa municipal Evislusa as tarefas para tramitar expedientes de rehabilitación e a oficina do portelo único que, a súa vez, foron encargadas ó Concello pola Xunta de Galicia.

Sonia Méndez explicou que o orzamento desta actuación será de case 200.000 euros dos que a Xunta achega só 80.000 euros. “Non financia sequera a metade e iso a pesar de que ten transferida esa competencia”, destacou a Concelleira de Economía.


Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova