Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Entregados os diplomas ós alumnos do curso de panadería que organizou o Concello dentro do programa +xTi


# Xoves, 05/07/2012


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e o Vicepresidente da Asociación de Panadeiros, Cesar Fieiras, entregaron hoxe os diplomas ós alumnos do curso de panadería e bolería.

O curso foi organizado polo Concello con financiamento do Plan nacional de drogas e contou coa colaboración da Asociación de Panadeiros de Lugo así como do IES Sanxillao.

Neste curso de panadería e bolería participaron 12 alumnos e tres deles xa atoparon traballo, dous precisamente no sector no que recibiron esta formación.

A Concelleira de Benestar Social explicou que o curso formou parte da programación do +Xti e que se decidiu organizalo para ofrecer unha posibilidade de formación ós mozos nun sector no que os empresarios non atopaban persoas preparadas nas listas do servizo público de colocación.

Carmen Basadre tamén agradeceu a colaboración da asociación de panaderías e do IES Sanxillao para levar a cabo esta programa de formación.

Pola súa parte, César Fieiras, expresou o seu desexo de que este curso axude ós asistentes a facerse un oco no mercado laboral.

O curso desenvolveuse entre os meses de marzo e xuño. As clases teóricas, de 120 horas de duración, impartíronse na Escola de Cociña do IES Sanxillao e a parte práctica tivo lugar en sete panaderías da cidade. Os negocios que participaron neste programa de formación dándolle a posibilidade de realizar prácticas ós alumnos foron as panaderías Raposo, Majufer, Montirón, Madrid en Lugo, Chousa (Ingapán), Migas e Illán. 
 
Máis información do programa +xTi www.lugo.es/prevenciondrogas

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova