Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Paz Abraira comprobou o remate das obras de mellora da accesibilidade executadas en varias rúas da cidade


# Xoves, 05/07/2012
Estas obras foron financiadas con fondos do IMSERSO e da Fundación ONCE
Nestas obras investíronse máis de 120.000 € en diversas rúas e barrios e da cidade


Imaxe Asociada

A edil de Infraestruturas e Axenda 21 con concello de Lugo, a nacionalista Paz Abraira, visitou hoxe as obras para mellorar a accesibilidade das rúas e beirarrúas do Concello. A área de Infraestruturas acometeu estas obras no Concello de Lugo mediante convenio plurianual asinado co IMSERSO e coa Fundación ONCE. O orzamento total para estes traballos foi de 115.000 €. A maiores das obras previstas dentro do convenio a Concellería de Infraestruturas e Axenda 21 abordou unha serie de actuacións complementarias valoradas en 9.200 €.

Paz Abraira encadrou estas obras “dentro do obxectivo que nos marcamos dende a concellería para manter as rúas da cidade e dos barrios no mellor estado posible”. Segundo explicou Paz Abraira “as obras consistiron fundamentalmente no rebaixe das beirarrúas para facilitar a accesibilidade naqueles puntos nos que non existían estes rebaixes ou estaban mal situados”.

A nacionalista Paz Abraira incidiu que desde a área de goberno que dirixe “a accesibilidade é un obxectivo prioritario para nos e este é, tamén, un dos obxectivos transversais da Axenda 21 local para facer unha cidade máis humana”. Segundo informou Paz Abraira “á hora de decidir as actuacións a acometer atendemos diferentes demandas da veciñanza que nos foran trasladadas” .

As obras previstas no convenio asinado entre o Concello de Lugo IMSERSO e coa Fundación ONCE, incluía actuacións en rúas do barrio da Residencia, A Cheda, Fingoi ou San Roque. En total, os traballos contemplados no mesmo afectaron a 15 rúas: Trapero Pardo, rúa da Pomba, Manuel Leiras Pulpeiro, Cova da Serpe, rúa F. Esquiu, Bidueiro, Serra de Outes, Roi Xordo, Madanela, Salvador de Madariaga, Estaca de Bares, Marqués de Ombreiro, Ronda de Fingoi e rúa San Roque.

Paz Abraira explicou que “adicamos unha maior atención aos barrios periféricos que son obxectivo preferente na planificación de obras que realice o Concello”. De feito, modificáronse os criterios do Plan de accesibilidade neste ano 2012 para atender a este obxectivo. A eliminación de barreiras arquitectónicas no casco histórico vaise facer o ano que ven con fondos do Plan Urban e do Plan de Rehabilitación do Casco Histórico para poder destinar o resto de fondos dispoñibles a outras zonas da cidade.

A Concellería de Infraestruturas e Axenda 21 abordou este ano unha serie de actuacións complementarias ao citado convenio. Así atendéronse:

- as demandas da veciñanza do Barrio da Residencia realizando rebaixes non contemplados inicialmente para esta anualidade na Rúa Pombal e na Rúa Trapero Pardo, neste último caso facilitando o acceso ao Centro Social situado nesta rúa;
- así mesmo, a petición dunha veciña con discapacidade abordáronse rebaixes na Rúa Madanela para permitirlle un acceso á Ronda de Fingoi;
- outra das actuacións fíxose na Rúa Manuel Leiras Pulpeiro no acceso ao centro de discapacitados situado nesa rúa.
- Ampliouse o rebaixe na porta do Colexio Público Illa Verde, prevendo a posterior ampliación de toda a beirarrúa, a petición da comunidade educativa do mesmo.
- Adaptouse o pavimento das beirarrúas da Rúa Cova da Serpe para permitir a continuidade da beirarrúa.

www.lugo.es/urban www.lugo.es/ws/axenda21






Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova