Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello organiza actividades sobre ciencia e saúde e de paintball dentro da programa +XTi


# Venres, 06/07/2012
López Orozco e Carmen Basadre entregaron esta tarde os diplomas do curso de monitor deportivo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, que dirixe Carmen Basadre, organiza hoxe e mañá novas actividades que se inclúen no programa +XTÍ de prevención de drogas, subvencionado polo Concello de Lugo e o Plan Nacional sobre drogas.

Hoxe, ás sete da tarde, comeza o ciclo de representacións sobre ciencia e saúde que terá lugar todos os venres de xullo e agosto na praza do Castiñeiro. As representacións destinadas a nenos/as e mozos/as tratarán distintos temas e consistirán en representacións dinámicas e interactivas. Correrán a cargo de Ciencia Divertida e forman parte do programa Ocio +XTÍ.

Mañá celebrarase outra actividade consistente nunha xornada de Paintball para mozos de 14 a 30 anos. Terá lugar de 9.30 a 21.00 horas nunha finca municipal próxima á Casa da Xuventude e o número de inscritos supera o centenar. Esta é unha actividade incluída no programa Sábados +XTÍ.

Formación

Por outra parte, o Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, entregaron esta tarde os diplomas ós alumnos participantes no curso de monitor deportivo polivalente da Federación Galega de Ximnasia. O acto tivo lugar ás cinco, no Centro cívico Maruja Mallo.

O curso, de 195 horas, contou con 24 prazas e tivo lugar dende o 23 de marzo. Foi impartido por persoal da Federación Galega de Ximnasia e consistiu en dous módulos: un común de 45 horas e un práctico de 150 horas, no que os alumnos desenvolveron o estudado na sala de musculación, fitness- ciclo indoor e piscina de diferentes ximnasios da cidade.

Máis información do programa +XTi en www.lugo.es/prevenciondrogas

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova