Cargando....
Concello de Lugo
16/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá remata o prazo de solicitude das 32 bolsas do proxecto Muralla Dixital


# Luns, 09/07/2012


Mañá, día 10 de xullo, rematará o prazo de solicitude para a solicitude das 32 bolsas de formación do proxecto Muralla Dixital, que vai desenvolver o Concello grazas á cofinanciación, nun 75%, da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro da segunda convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP).

O Concello ten programados catro obradoiros de formación, cada un deles con oito prazas, que estarán dotados con bolsas remuneradas e tratarán sobre a dixitalización do patrimonio documental lucense, dixitalización 3D do patrimonio histórico-arqueolóxico lucense, fotografía dixital panorámica 360º do patrimonio histórico-arqueolóxico lucense e modelado e animación 3D do patrimonio histórico-arqueolóxico lucense.

Esta convocatoria diríxese a mozos/as de entre 18 e 35 anos, que estean desempregados e que posúan un título universitario en Humanidades, Historia, Historia da Arte e Belas Artes, ou ben que teñan un título de grao superior de formación profesional de imaxe e son ou de deseño gráfico.

Os obradoiros terán unha duración de cinco meses e as becas serán de 900 euros brutos ó mes.

Os impresos para facer a inscrición pódense obter na Oficina municipal de Participación Cidadá e na páxina web do Concello www.lugo.es e as solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello.

Coa posta en marcha deste programa europeo, o Concello de Lugo, que lidera o proxecto Muralla Dixital, avanzará na recuperación do patrimonio lucense ó tempo que axuda a mellorar a formación dos titulados universitarios e de formación profesional.

Os obradoiros teñen un gran compoñente práctico, xa que os participantes aprenderán o manexo de diferentes ferramentas tecnolóxicas de rexistro, documentación e difusión do patrimonio histórico-arqueolóxico de Lugo.

Froito da súa aprendizaxe vanse xerar unha serie de produtos de difusión cultural relacionados coa historia da cidade de Lugo.


Pode descargar o modelo de solicitude dende o apartado Sede Electrónica.

www.muralladigital.eu




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova