Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo destina 90.000 euros para proxectos de cooperación e desenvolvemento social


# Venres, 13/07/2012
As organizacións non gobernamentais poderán solicitalas dende comezos da próxima semana, segundo indicou a Concelleira de Servizos Sociais

Imaxe Asociada

A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, anunciou esta mañá que a principios da próxima semana sairá publicado no DOG as bases reguladoras da convocatoria para a concesión de subvencións para a realización de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e sensibilización social para este ano. Desta maneira, as ONGD, poderán solicitar ditas axudas para levar a cabo proxectos concretos de cooperación en países menos desenvolvidos e de sensibilización na cidade de Lugo.

O Concello de Lugo destina a estas axudas 90.000 euros, dos que 70.500 irán destinados a subvencionar proxectos de cooperación ao desenvolvemento e 19.500 irán destinados a financiar proxectos de sensibilización social, segundo explicou a concelleira.

González Abelleira matizou que “a finalidade destas axudas é financiar a realización de accións e proxectos que contribúan a satisfacer as necesidades básicas da poboación dos países máis empobrecido e a impulsar e executar accións de desenvolvemento local sostible e autosostido” ademais de “axudar a manter postos de traballo nas propias organizacións”.

O Concello de Lugo leva anos e ten a intención de continuar como actor do sistema de cooperación ao desenvolvemento comprometendo unha porcentaxe do seu orzamento para subvencionar actuacións en países en vías de desenvolvemento co propósito de promover o progreso económico e social dos países do Sur de modo que a súa relación cos do Norte sexa máis equilibrada e sostible. A situación actual de crise pode abrir outra vía económica con principios solidarios, cooperativos e comprometidos con medio ambiente distintos dos da economía capitalista baseada na destrución de recursos naturais.

A responsable da área de servizos sociais indicou que se primará a aqueles proxectos para desenvolver en África ou nalgún dos países que no momento desta convocatoria se encontren nos índices máis baixos de desenvolvemento humano e que fomenten valores sociais.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova