Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Paz Abraira presentou o proxecto de rehabilitación do entorno da Fonte Pinguela


# Luns, 16/07/2012
Estas obras mellorarán a accesibilidade eliminando as barreiras arquitectónicas existentes na zona

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Segundo a edil de Infraestruturas e Axenda 21 do concello de Lugo “esta actuación executarase coa sensibilidade que o espazo merece”

A edil de Infraestruturas e Axenda 21 con concello de Lugo, a nacionalista Paz Abraira, presentou hoxe o proxecto de mellora da accesibilidade da contorna da Fonte da Pinguela. Este espazo, situado na confluencia das rúas Tinería e Travesía do Miño á altura da Porta Miñá, será integramente remodelado grazas á execución dun dobre proxecto polo que se acometerá a restauración da propia fonte e da súa contorna. As obras de restauración da fonte serán acometidas pola Xunta de Galiza mentres que o concello encargarase de remodelar a contorna da fonte mellorando a accesibilidade da zona. Abraira informou que “a pesares de que a realidade física non permite a consecución de pendentes adaptadas, pero, a pesar diso, nesta proposta elimináronse barreiras arquitectónicas importantes, como son os banzos existentes que separan as rúas Tinería e Travesía do Miño”.

Paz Abraira sinalou esta obra como “necesaria para recuperar unha zona importantísima da cidade que leva moito tempo abandonada e que precisaba desta actuación dende hai moito tempo”. O proxecto contempla un orzamento total de 115.000 €. Un dos obxectivos principais deste proxecto , e punto de partida do mesmo, é a mellora da accesibilidade nesta contorna tan complicada pola súa relevancia histórico-artística e polas pendentes que nela conflúen. Paz Abraira encadrou esta actuación “dentro do obxectivo de mellorar e humanizar aqueles espazos que rodean a Muralla e nos que é posible realizar actuacións deste tipo”.

Para o pavimento utilizaranse placas de granito gris con acabado abuxardado. de diferentes grosores e eliminarase o tradicional adoquinado da zona. O proxecto proposto da solución aos diferentes problemas que se presentaron xa que a zona ten unhas pendentes considerables e ademais é preciso dar acceso a varias vivendas. Tamén se acometerá unha modificación puntual das redes existentes para adaptalas ás novas cotas do pavimento e mellorarase o saneamento.

A nacionalista Paz Abraira incidiu na importancia desta zona que quedará totalmente rehabilitada unha vez rematada a actuación. E recalcou da importancia de facer unha especial vixilancia arqueolóxica durante o desenvolvemento das obras. O espazo conta cunha serie de elementos singulares, ademais da porta máis antiga da muralla, como é o Pazo de Orbán, a Fonte da Pinguela e unha vivenda con galería de tambor na Travesía do Miño.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova