Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Plan Urban organiza un novo de curso de formación para desempregados


# Luns, 16/07/2012
Hoxe comezou un curso sobre reforma de interiores que se suma os outros tres de cantaría e carpintaría organizados con fondos do Plan Urban

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Concello e a Deputación de Lugo en colaboración coa Fundación Laboral da Construción dánlle formación laboral a máis de 40 persoas e algunhas delas xa atoparon traballo


O Alcalde de Lugo, José López Orozco; a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez; a Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, e o Presidente da Fundación Laboral da Construción, Hipólito Trinidad, visitaron esta tarde aos alumnos do curso de reforma de interiores que se leva a cabo na sede da Fundación Laboral e que está financiado con fondos do Plan Urban.

O Alcalde saudou ós alumnos que participan neste curso de formación, todos eles desempregados, que comezou hoxe e terá lugar ata finais do mes de novembro.

López Orozco destacou o exemplo que supón a colaboración entre distintas administracións para facerlle fronte ó problema do paro. “Nestes tempos, a unión fai a forza” dixo o Alcalde, que lle agradeceu á Deputación e á Fundación Laboral da Construción a colaboración co Concello”.

Tamén manifestou o Alcalde que “a máxima preocupación deste Goberno local é atender o problema que representa o paro” e salientou que varios dos alumnos que participaron en anteriores cursos de formación organizados polo Plan Urban xa están traballando nas especialidades nas que se formaron.

No mesmo sentido, a Deputada Regina Polín incidiu na importancia que lle dan tanto a Deputación como o Concello á formación. Destacou que o 50% dos asistentes a un dos cursos de cantaría xa lograron a súa integración laboral e salientou que “ o Plan Urban é un bo revulsivo para Lugo en todos os sentidos”.

Pola súa parte, o Presidente da Fundación Laboral da Construción referiuse ó interese que supón o tema elixido para este curso, logo dos impartidos sobre cantaría e carpintería, e manifestou que “nada ten que ver a formación na rehabilitación con facer unha vivenda, xa que, por exemplo, a reforma das instalacións é moito máis complicado que poñelas nunha casa de nova construción seguindo un proxecto dado”.

Formación para 12 persoas desempregadas

Esta actividade, que conta cun presuposto de 38.500 euros, ten unha duración de 360 horas que se levarán a cabo en horario de 17:30 a 22:00 horas. O curso de reforma de interiores ten 12 alumnos e alumnas, que aprenderán as nocións necesarias de electricidade, fontanería, montaxes de instalacións, e pintura de exteriores e interiores, para poder desenvolver o seu futuro laboral nestes aspecto. Así, os participantes comezarán a percibir unha axuda aproximada de 390 euros ó mes, xa que, tal e como versa o convenio, non poderá superar o 75% do IPREM –Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples- para 2012.

O taller de reforma de interiores é o primeiro destas características que organiza o Concello con fondos do Plan Urban, que financian o propio Concello de Lugo, a Deputación provincial e a Unión Europea, a través de fondos FEDER, despois de que se impartiran os dedicados a carpintaría e cantaría.

Inmediata inserción laboral

Este curso de reforma de interiores súmase aos tres que se levaron a cabo polo Concello e Deputación de Lugo en materia de cantaría e carpintería. Así, dende o ano pasado 31 desempregados lucenses tiveron a oportunidade de formarse en actividades cunha alta demanda no sector da construción. O 50% dos alumnos do curso de cantaría do Plan Urban foron contratados para as obras de rehabilitación do Vello Cárcere poñendo en práctica os coñecementos adquiridos nestas accións formativas.

www.lugo.es/urban






Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova