Cargando....
Concello de Lugo
19/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Comezaron os cursos de inglés para nenos e nenas nos telecentros rurais do Concello


# Martes, 17/07/2012


A Concellería de Servizos Xerais e Modernización Administrativa, que dirixe Francisco Fraga, realizará durante este verán os cursos "Aprende e disfruta co inglés". Estes cursos, que se impartirán en oito telecentros da zona rural, están dirixidos a nenos e nenas de entre 6 e 15 anos, aproveitando os medios informáticos cos que están dotados os telecentros rurais.

Con esta iniciativa, o Concello quere contribuír a que os nenos da zona rural teñan as mesmas oportunidades que os pequenos da cidade. A Concellería de Servizos Xerais dotou no seu día a rede de telecentros rurais dos medios informáticos para que os veciños do rural teñan tamén a oportunidade de empregar as novas tecnoloxías e tamén organizou cursos de iniciación e perfeccionamento de informática.

As clases estarán a cargo dun profesor que fará uso das ferramentas informáticas e a utilización de xogos e outras actividades lúdicas para que os nenos aprendan a falar o inglés.

Os cursos, destinados tanto a nenos de primaria como de secundaria, desenvólvense dende o 17 de xullo ata o 7 de setembro. As inscricións pódense facer nos propios telecentros ou chamando ao teléfono de atención cidadá 010 do Concello de Lugo.

Programación dos cursos de conversación de inglés para nenos da zona rural:

Semanas do 17 ao 27 de xullo:
Telecentro de Coeses: martes, mércores e xoves de 11:30 a 13:00 horas.
Telecentro de Rubiás: martes, mércores e xoves de 17:00 a 18:30 horas.

Semanas do 30 de xullo ao 10 de agosto:
Telecentro de San Xoán do Campo: luns, mércores e xoves de 11:30 a 13:00 horas.
Telecentro de O Burgo: martes, mércores e xoves de 16:30 a 18:00 horas.

Semanas do 13 ao 24 de agosto:
Telecentro de Calde: martes, mércores e xoves de 11:30 a 13:00 horas.
Telecentro de Santiago de Saa: martes, mércores e xoves de 16:30 a 18:00 horas.

Semanas do 27 de agosto ao 7 de setembro:
Telecentro de Sta María de Bóveda: martes, mércores e xoves de 11:30 a 13:00 horas.
Telecentro de Castelo: martes, mércores e xoves de 16:30 a 18:00 horas.

Coñeza a rede de telecentros rurais.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova