Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Na Xunta de Goberno Local aprobáronse medidas para axilizar e facilitar á cidadanía o acceso á administración local


# Mércores, 18/07/2012
Paz Abraira anunciou a reanudación das obras da Biblioteca da Piringalla

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Escola Municipal de Música ofrece un concerto didáctico con dous pases para máis de 100 rapaces que participan nos diferentes campamentos urbanos

Sonia Méndez anunciou o procedemento para a contratación da cafetería do Centro Social de Fingoi


A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e a Concelleira de Infraestruturas, Paz Abraira, deron a coñecer os 19 acordos aprobados na Xunta de Goberno Local celebrada hoxe, e na que ademais adiantaron que a próxima semana se celebrará o xoves 26 con motivo da festividade o propio mércores,

Sonia Méndez destacou que na área de licenzas se denegaron cinco licenzas para estacións de telefonía móbil ao non axustarse á normativa vixente cando se solicitaron xa que era conforme ao Plan Xeral do ano 1991. Na área de contratación acordouse prorrogar por un ano o contrato de execución das actividades de ensinanza deportiva e outras complementarias nas escolas deportivas municipais cun valor anual estimado en 676.628,85 euros, IVE incluído.

Na Xunta de Goberno Local tamén se acordou o inicio do procedemento para adquirir un software para xestión de carpetas de xestorías. A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, indicou que “se trata dun software que é imprescindible para levar a cabo un convenio co Colexio de Xestores para poder tramitar o pagamento do imposto dos vehículos dende as propias xestorías”. Con esta medida, o Concello de Lugo, segue traballando no obxectivo marcado de facilitar os trámites administrativos xa que “o que queremos é que os cidadáns teñan máis puntos de acceso á administración local” segundo lembro Sonia Méndez. O importe máximo do contrato é de 27.635.80 €, IVE incluído.

A través deste software todas as altas de vehículos que se tramitan na Dirección Xeral de Tráfico realízanse, na súa maioría, dende as propias xestorías polo que se facilitará non só a alta en Tráfico senón a alta no padrón municipal de vehículos e incluso o seu pagamento. Neste sentido, lembrou os convenios xa asinados con outras entidades ou empresas como BBVA, La Caixa, Novagalicia Banco, co Catastro, co Colexio de Rexistradores ou a propia Dirección Xeral de Tráfico.

Por outra parte tamén se comeza o proceso para a contratación do servizo de verificacións do Plan Urban. Este é un servizo obrigatorio que a normativa de fondos europeos obriga a ter ás administracións que xestionan este tipo de fondos como son os do Plan Urban. Trátase da contratación dunha auditoría externa que se sume as auditorías que periodicamente realizan dende o organismo europeo para comprobar a correcta administración destes fondos. O contrato ten por obxecto a realización de controis para verificar as operacións encadradas no Proxecto de Iniciativa URBANA (Proxecto URBAN) do Concello de Lugo cofinanciadas nun 80% con axudas procedentes do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER), así como supervisar e mellorar os sistemas de xestión e control implantados polo Concello de Lugo respecto do cumprimento da normativa das axudas europeas. Os traballos obxecto deste contrato levaranse a cabo dende a formalización do contrato ata o 28 de febreiro de 2014. O valor estimado do contrato ascende 24.000 euros polo que sumado o IVE de 18% ( 4.320 euros) resulta un presuposto total de 28.320 euros IVE incluído.

A responsable da área económica tamén informou do acordo para sacar a licitación da cafetería do Centro Social de Fingoi. O prazo máximo de duración do contrato é de dous anos, prorrogables ata un máximo de outros dous. O canon a pagar polo adxudicatario establécese nun mínimo de 140 euros mensuais (IVE incluído), a través de procedemento aberto.

Por outra parte, Paz Abraira anunciou a reanudación das obras no edificio da Biblioteca da Piringalla. Unha nova empresa farase cargo de rematar as obras do edificio tras a renuncia da empresa Antalsis S.L. e despois da aprobación, no pasado mes de abril, dun modificado do proxecto. Segundo informou Paz Abraira será a empresa Paraxes S.L. quen retome as obras tras a aprobación, por parte do Concello, do levantamento da suspensión das obras.

Paz Abraira lembrou que a nova empresa adxudicataria acepta o proxecto modificado, o que está pendente de pago e os prazos propostos. A empresa Paraxes S.L. foi proposto pola empresa Antalsis S.L. e o Concello de Lugo aceptou o traspaso para poder darlle continuidade ás obras do edificio. A nova empresa terá un prazo de 5 meses para a execución das obras. Abraira cualificou o proceso administrativo como “longo e tedioso” e afirmou que “por parte do equipo de goberno sempre se buscou garantir que a obra rematase en boas condicións e non houbera problemas no futuro”.

Concerto Didáctico Escola Municipal de Música
A edil nacionalista Paz Abraira tamén informou da celebración dun concerto didáctico dirixido a nenos e nenas que nestes días participan en campamentos urbanos na cidade de Lugo. A Escola Municipal de Música de Lugo inicia a súa actividade de difusión con este concerto didáctico dirixido a nenos e nenas que participan en diversos campamentos urbanos. O concerto celebrarase no salón de actos do Centro Social Uxío Novoneyra e terá dous pases un ás 11:00 e outro ás 12:00.

Esta actividade foi organizada dende a propia Escola Municipal de Música de Lugo, dependente da Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, e ten como obxectivo achegar aos nenos e nenas o coñecemento de compositores, instrumentos e demais aspectos relacionados coa música. Este tipo de accións formativas, que se desenvolverán periodicamente a partir de agora, teñen como obxectivo presentar ante diferentes colectivos a nova Escola Municipal de Música de Lugo e poñer en valor a Banda Municipal de Música.

Uns vinte instrumentistas presentarán os instrumentos das diferentes familias que integran unha formación bandística. Os docentes da Escola farán un percorrido polos diferentes estilos musicais a través de músicas coñecidas polos máis pequenos. Esta presentación serve como avance do que calquera persoa poderá aprender a partir do vindeiro curso na escola municipal de música.

Aprobación das Taxas no vindeiro pleno extraordinario
A vindeira semana o pleno do Concello de Lugo aprobará as taxas que rexeran para a Escola Municipal de Música de Lugo. A sesión plenaria, de carácter extraordinario, celebrarase o luns 23 ás 10:30 e servirá para ratificar as decisións adoptadas respecto ao regulamento de funcionamento interno e aos prezos que se establecen para a matrícula no centro.


Comezo das obras na Escola Municipal de Música de Lugo
Na vindeira semana comezarán, tamén, as obras nas dependencias do Centro Social Uxío Novoneyra que albergarán as aulas da Escola Municipal de Música de Lugo. As obras teñen un orzamento aproximado aos 100.000 euros. As instalacións ocuparán unha superficie de 332 metros cadrados, repartidos en 14 aulas.

Ademais de 11 aulas de entre 6 e 12 metros cadrados para ensaios individualizados por cada un dos distintos instrumentos, haberá unha aula de ensaio para clases colectivas, de 62 metros cadrados de superficie, unha sala de informática para edición de partituras e unha sala de usos múltiples pensada para ensinanzas musicais que requiran movemento, acondicionada co chan acolchado e espellos nas paredes. Tamén formarán parte das dependencias da Escola de Música o actual local de ensaio da Banda Municipal, así como o salón de actos do Uxío Novoneyra, que acollerá concertos e actuación. Manterase un espazo adicado a sala de exposicións.


Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova