Imprimir

O TELECENTRO DO CASTIÑEIRO PROGRAMA SEIS NOVOS CURSOS DE INFORMÁTICA PARA O MES DE SETEMBRO


20/7/2012 O prazo de matrícula será do 15 ó 30 de agosto

O Telecentro do Castiñeiro ten programados para o vindeiro mes de setembro seis novos cursos de informática, segundo informa a Concellería de Servizos Xerais.

Os cursos previstos son de informática, informática avanzada, internet, internet avanzado, open office e redes sociais e terán lugar en horarios de luns a venres en horarios de mañá e tarde.

O prazo de inscricións estará aberto do 15 o 30 de agosto. Para máis información e para facer as inscricións hai que chamar ó teléfono 010.

Coñeza o Telecentro do Castiñeiro, as normas de inscrición e programa: Aula Multimedia do Castiñeiro