Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Os nenos saharauis e as súas familias de acollida foron recibidos hoxe no Concello


# Luns, 23/07/2012
 

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, recibiron hoxe no Concello ós nenos saharauis que están a pasar o verán con familias de Lugo.

O Alcalde interesouse polas condicións de vida dos cativos nos campamentos de refuxiados saharauis e tamén falou con eles sobre a súa estadía entre nós.

López Orozco tamén agradeceu especialmente a mostra de solidariedade que dan as familias lucenses que seguen a acoller durante o verán ós nenos saharauis pese ás dificultades económicas que se viven en España.

Na visita participaron dúas nenas e un neno, así como as súas respectivas familias lucenses que participan no programa “Vacacións en paz”.

A Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui pon en marcha cada ano este programa que lles permite ós rapaces disfrutar das vantaxes de vivir nunha sociedade desenvolvida, tanto no que se refire á alimentación e a saúde como as actividades de ocio, ó tempo que evitan sufrir as altas temperaturas de verán que soportan nos campamentos de refuxiados .

Este verán son seis os nenos que disfrutan do verán en Lugo grazas a este programa de acollida . Chegaron nos primeiros días do mes de xuño e permanecerán aquí ata principios de setembro.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova