Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo apoia as reclamacións dos sindicatos agrarios na defensa do sector leiteiro


# Luns, 23/07/2012
López Orozco participou con outros representantes municipais da provincia nunha xuntanza cos sindicatos UUAA, XXAA e SLG

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, comparte a preocupación dos sindicatos agrarios pola grave situación que atravesan os gandeiros polos baixos prezos do leite.

O Alcalde de Lugo expresou o seu apoio ás reclamacións dos sindicatos agrarios que denuncian a grave situación dun sector que ten especial importancia para a economía da nosa provincia, xa que Lugo produce o 40% do leite de Galicia e a produción da Comunidade Autónoma galega representa o 30% do total de España.

López Orozco participou este mediodía nunha xuntanza convocada polos sindicatos Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores e Sindicato Labrego Galego, na que tamén tomaron parte alcaldes e representantes municipais doutros concellos da provincia.

Segundo explicou o Alcalde de Lugo trala xuntanza, os alcaldes asumiron o compromiso de facerlle saber á Xunta e o Goberno de España que os concellos apoian as reivindicacións dos sindicatos porque “non se pode permitir que se arruíne un sector produtivo tan importante para nós e que fixo un gran esforzo para a modernización das súas estruturas produtivas”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova