Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentada en Lugo a festa de recreación histórica de Astures e Romanos que comeza mañá en Astorga


# Martes, 24/07/2012
 

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, acompañou ó Concelleiro de Festas de Astorga, César Núñez, e ó Presidente da Asociación de Astures e Romanos, Rubén Martínez, na presentación da festa de recreación histórica “Astures y Romanos”.

O acto de presentación tivo lugar esta mañá no Concello e contou coa participación do Caudillo dos astures e os seus guerreiros e do César que estivo acompañado pola súa escolta.

A festa “Astures y Romanos” vaise celebrar dende mañá, día 25 de xullo, ata o domingo, día 9. O ano pasado participaron nela as asociacións de Lugo Tir Na´og e Caetra e este ano a primeira delas organizará uns xogos para nenos o sábado pola mañá. Tamén conta cun campamento astur romano no que nesta edición participan 40 grupos e 1.200 persoas. Ademais vaise celebrarar un Circo romano e un espectáculo de cetrería, haberá vodas asturas e un mercado situado diante do Pazo de Gaudí.

En total haberá máis dunha vintena de actos que se celebrarán en distintos espazos e a principal novidade será a programación cultural. Así, dende o pasado luns está aberta unha exposición da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas, para dar a coñecer en Astorga eventos como o Arde Lucus e tamén hai conferencias, está prevista unha gymkana pola rota romana e participan na festa as figuras atopadas nas lápidas funerarias romanas en Astorga.

Esta festa de Astures e Romanos naceu cun Circo romano en 1986 con motivo da celebración do Bimilenario da cidade de Astorga, e celebrase por primeira vez coa declaración de Festa de Interese Turístico Rexional.  
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova