Cargando....
Concello de Lugo
27/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo recibirá unha indemnización de máis de 24.000 euros do Goberno de España


# Mércores, 25/07/2012
O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas comunicoulle ó Alcalde que o Concello ten dereito á indemnización que reclamaba polos danos que lle causou a demora na execución dunha sentenza do TSXG

O Concello de Lugo recibirá unha indemnización de 24.352,32 euros do Goberno de España que acaba de estimar a solicitude de indemnización patrimonial feita pola Administración local.

O dereito a percibir esta indemnización, que fora reclamada polo Concello, foille comunicada ó Alcalde, José López Orozco, polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

Esta resolución pon fin a unha reclamación que fixo o Concello de Lugo, a través do servizo da Asesoría Xurídica, debido ós danos económicos que lle ocasionou ás arcas municipais a demora do Tribunal Económico-Administrativo de Galicia na execución dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que foi ditada o 15 de maio de 2003.

A orixe desta reclamación de indemnización por responsabilidade patrimonial que fixo o Concello á Administración do Estado está nunha petición de bonificación sobre o Imposto de Actividades Económicas que lle plantexara unha empresa ó Goberno local. O Concello denegou esa solicitude e a empresa plantexou un recurso contencioso-administrativo.

A tardanza na execución da sentenza do TSXG provocou a prescrición da liquidación do IAE adeudada pola empresa ó Concello e motivou que este se vira obrigado a devolverlle á devandita entidade tanto o importe da liquidación tributaria como o aval e tamén a pagarlle os intereses correspondentes.

O dano causado ó Concello de Lugo pola demora en máis de cinco anos da execución da sentenza foi cuantificado, nun Decreto que ditou o 4 de marzo de 2011 a Tenente de Alcalde Delegada da Área de Economía e Facenda, Sonia Méndez, en 24.352,32 euros a mesma cifra que agora o Estado ingresará nas arcas municipais en concepto de indemnización.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova