Imprimir

LUGO ÉNCHESE DE ACTIVIDADE CULTURAL E ARTESANÍA DURANTE A FIN DE SEMANA


28/7/2012 Turistas e lugueses disfrutaron da percusión africana e do Concerto de Odaiko Percussión Group no Festival Internacional de Percusión

Telleiros, ferreiros e canteiros amosaron os seus oficios na Praza Maior dentro do programa Vellos Oficios Vivos

Despois do espectacular concerto ofrecido por seguen os obradoiros, tamborradas e concertos na praza de Sta. María dentro do Festival Internacional de Percusión. Odaiko Percussión Group foi o grupo estrela que ofreceu un concerto a partir das 22:30. Durante a mañá houbo unha exhibición de percusión africana a cargo dun grupo de músicos senegaleses que encheron a cidade co seus ritmos. Pola tarde, e despois do obradoiro de tamborrada, os percusionistas voltaron a percorrer as rúas da cidade marcando o carácter festivo da xornada.

Na xornada do domingo pecharase o FIP co concerto de Musgalia & Richarda O´Farrel ás 20:30 horas. Pola mañá a partir das 12:00 horas haberá un Lunch concert protagonizado por alumnos do CMUS Lugo (Conservatorio Profesional de Música de Lugo) e do grupo Ke Percussión. Segundo explican os organizadores “todos os festivais FIP reservan un apartado para os novos valores”. No caso de Lugo serán dúas as formacións convidadas o CMUS Lugo e o grupo Ke Percussión procedentes do Conservatorio de Música de Vigo.

Lugo é unha das catro cidades galegas que acolle o FIP. O Festival Internacional de Percusión celeb
rase, en Lugo, os días 27, 28 e 29 de xullo e nel están programados obradoiros de percusión, construción de instrumentos, tamborradas e concertos. O FIP é un festival aberto, participativo e interactivo con todos e todas aqueles que queiran participar e achegarse ao mundo da percusión. Todas as actividades teñen lugar na Praza de Santa María e as tamborradas percorrerán as rúas do casco histórico da cidade.

Vellos Oficios Vivos
Continúan, nas fins de semana, o programa Vellos Oficios Vivos na praza Maior. Durante os meses de verán lucenses e turistas poden disfrutar da mostra dos Vellos Oficios Vivos que se celebrará de novo todas as fins de semana do 7 de xullo ao 2 de setembro (excepto a fin de semana do 14 e o 15 de xullo) nos soportais do fondo da Praza Maior. O horario das demostracións ao vivo é de 11:00 a 14.30 horas e de 17:00 a 21.30 horas.

Na xornada do sábado mostraron o seu bo facer Oliverio Álvarez, ferreiro da Fonsagrada; Manuel Rodríguez “O Trintiña”, telleiro do Rosal; e Ramón Villar Gómez, canteiro de Guitiriz. Na xornada do domingo, 29 de xullo, estará na praza Maior José Piñeiro, construtor de instrumentos musicais; Roberto Figueira, escultor e tallista; e Carmen Pano de la Fuente, tecedeira.