Imprimir

TRES MOZOS CONSEGUEN O CARNÉ DE CICLOMOTOR DESPOIS DE PARTICIPAR NOS CURSOS DE EDUCACIÓN VIAL ORGANIZADOS POLO CONCELLO


27/7/2012 Os cursos de verán do Parque Infantil de Tráfico rematarán o luns e neles participaron case 150 alumnos

Tres mozos superaron hoxe as probas teóricas e prácticas para obter a licenza de ciclomotor logo de participar nos Cursos de verán de Educación Vial organizados pola Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral no Parque Infantil de Tráfico.

Os XI Cursos de Educación Vial contan coa participación nas distintas modalidades de case 150 alumnos. As clases comezaron o pasado día 2 de xullo e rematarán o vindeiro luns, día 30. A clausura terá lugar o martes, 31 de xullo, coa entrega de diplomas e agasallos aos participantes.

A programación de verán do Parque Infantil de Tráfico inclúe cursos de karts e bicicleta para nenos e nenas de oito a catorce anos e de ciclomotor para rapaces de 15 e 16 anos.

As clases teóricas e prácticas impártense en grupos non superiores a 15 alumnos agrupados por idades con horarios de mañá, de 10.30 a 13.00 horas, e de tarde, de 17.00 a 19.30 horas.

Coñeza o PIT (Parque Infantil de Tráfico)