Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá comeza Ocio no río, unha nova actividade do programa de verán +xTi


# Venres, 27/07/2012


A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, anunciou hoxe que este sábado comeza unha nova actividade de verán do programa +xTi. Trátase de Ocio no río, no que se van organizar unha serie de actividades nas que poderán participar todas as persoas que disfruten da tarde do sábado á beira do río.

Estas actividades de tipo lúdico e abertas a calquera mozo que queira participar nelas inclúen xogos con paracaídas, malabares, lacrosse, xogos populares, badminton, indiaca e pachangas de fútbol con miniporterías.

O obxectivo desta iniciativa é ofrecerlles ós rapaces a posibilidade de pasar unha tarde de ocio saudable, fomentando a actividade física ó aire libre e o traballo en equipo.

As distintas actividades dividiranse en catro estacións, polas que irán rotando os participantes. Tamén se acotará unha zona de xogo libre dotado con distintos materiais.

A oferta de Ocio no río comeza mañá e repetirase os sábados 4, 11 e 18 de agosto. O horario é de 18.00 a 21.00 horas e terá lugar na zona verde situada tralo centro comercial Carrefour.

No programa de verán +xTi tamén se están a desenvolver diversos obradoiros, que contan con gran participación de mozos, e están programadas dúas excursións para os días 2 de agosto a Avifauna e o 9 de agosto ó parque de Sotavento. Están previstos, así mesmo, dous cursos de fotografía e de videoclips.

Coñeza o programa +XTi (Máis por ti) en www.lugo.es/prevenciondrogas

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova