Cargando....
Concello de Lugo
07/12/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello despide á selección mexicana de triatlón que se preparou en Lugo para competir nos Xogos Olímpicos


# Venres, 27/07/2012
Os atletas agradecen o trato recibido e eloxian as instalacións da nosa cidade para a práctica deste deporte

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presidiu hoxe unha recepción que ofreceu o Concello á selección mexicana de triatlón que acabou en Lugo a súa preparación para os Xogos Olímpicos de Londres.

O Concelleiro de Deportes agradeceulles ós atletas a elección de Lugo para esta concentración e destacou os lazos que unen á nosa cidade con México, tanto por motivos culturais como pola presenza de numerosos emigrantes galegos no país azteca.

Díaz Grandío desexoulles moitos éxitos nos Xogos Olímpicos ós deportistas mexicanos. “Ogallá gañedes a medalla de prata, porque os lucenses queremos que a medalla de ouro a consiga Javier Gómez Noya”, manifestou o Concelleiro de Deportes.

Pola súa parte, o asesor técnico da Federación mexicana de triatlón Javier Mon, que é de orixe lucense, agradeceu o trato recibido pola expedición en Lugo e gabou as boas instalacións das que dispón a nosa cidade para a práctica deste deporte olímpico. Explicou que, inicialmente, escolleron Lugo para completar os entrenamentos do equipo pola semellanza das condicións climatolóxicas con Londres e sinalou que, logo desta experiencia, teñen intención de incluír a nosa cidade na planificación para futuras concentracións.

A selección mexicana de triatlón leva en Lugo dende o día 19 de xuño e viaxará a Londres o 1 de agosto. A súa participación nos Xogos Olímpicos de Londres comezará o día 4 de agosto, cando terá lugar a primeira proba feminina de triatlón, e o día 7, no caso das probas masculinas.

Na recepción participaron os atletas Claudia Rivas, Crisanto Grajales e Irving Pérez, que estiveron acompañados polo asesor técnico da Federación mexicana de triatlón, Javier Mon, e por Eugenio Chimal, que adestra a Crisanto Grajales.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova