Cargando....
Concello de Lugo
07/12/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O teléfono de información 010 atendeu case 40.000 chamadas no primeiro semestre do ano


# Martes, 31/07/2012
O Concelleiro de Servizos Xerais presentou hoxe o balance do 010, que atende a diario unha media de 325 chamadas

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Xuño foi o mes no que houbo máis demanda de información debido á celebración do Arde Lucus

O servizo de información 010 do Concello de Lugo atendeu 39.329 chamadas de cidadáns durante o primeiro semestre do ano, segundo informou hoxe o Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, na presentación do balance de actividade deste servizo de atención á cidadanía.

Segundo explicou o Concelleiro, na primeira parte do ano produciuse un incremento das chamadas respecto ó mesmo período de 2011, xa que daquela rexistrouse un promedio de 4.800 chamadas ó mes e no que vai de 2012 todos os meses se superaron as 5.000 e houbo dous meses nos que foron máis de 7.000 as demandas de información telefónica atendidas. Concretamente, no mes de marzo foron 7.429 e en xuño, 7.797. A elevada demanda de información rexistrada en xuño débese á celebración da festa do Arde Lucus.

Resumo gráfico chamadas 010 primer semestre 2012. Datos descritos no texto anterior.

Tipos das chamadas

A maior porcentaxe de chamadas que recibe o 010, o 47%, son demandas de información, e refírense, sobre todo, cómo dar de alta ou de baixa o subministro da auga, a petición de datos sobre o empadroamento, cómo solicitar a tarxeta cidadá, ou solicitude de información sobre o transporte público. Ademais, o Concelleiro sinalou que son cada vez máis numerosas as chamadas que se reciben pedindo información sobre o emprego público e os programas de emprego que pon en marcha o Concello.

En segundo lugar figuran as chamadas para dar avisos de distintas incidencias no funcionamento dos servizos públicos, que representan o 31%, e son para comunicar a dende atascos na rede de sumidoiros, avarías no subministro da auga ou cuestións referidas á limpeza das rúas.

A continuación figuran as solicitudes de información sobre actividades culturais ou números de teléfono de entidades alleas ó Concello, que representan o 16%.

Por último, o 6% das chamadas que atende o 010 refírense á xestións e trámites como as inscricións para actividades organizadas polas distintas Concellerías, que van dende as actividades de verán para nenos/as, obradoiros do Arde Lucus, Sábados+xti, a lectura de contador do subministro da auga, duplicados de recibos ou os cursos de informática do Telecentro do Castiñeiro.

Gráfico resumo tipoloxía das chamadas 010 . Datos descritos no texto anterior.

Máis canles de información cidadá

O servizo 010, que facilita información ós cidadáns de luns a venres entre as 8.30 e as 20.30 horas e os sábados de 9.00 a 14.00 horas, atende a diario aproximadamente 325 chamadas e tamén facilita información por outros medios como o correo electrónico, os sms e as redes sociais.

Francisco Fraga manifestou, tamén, que “estamos moi satisfeitos porque cada vez son máis os usuarios do servizo de correo electrónico a través do cal facilitamos informacións de actividades, concursos e prazas convocadas polo Concello, un sistema de información que non ten custe para a Administración local”. Neste sentido explicou que xa son 2.970 as persoas inscritas no servizo de mensaxería a través do correo electrónico e a media mensual é de 100 correos enviados, que xa se rebasou en xuño ó chegar ós 124. O número de persoas inscritas no servizo de mensaxes de texto ó móbil é de 1.850.

Gráfico resumo correos electrónicos 010 por meses. Datos descritos no texto anterior.

Outro canal de comunicación que emprega o 010 dende o pasado mes de maio son as redes sociais, facebook, twitter e youtube, nas que ten xa máis de 320 seguidores.

AGORA O 010 en Facebook Twitter YouTube

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova