Cargando....
Concello de Lugo
19/08/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Clausurados os XI Cursos de verán de Educación Viaria do Concello de Lugo


# Martes, 31/07/2012
Nesta edición participaron máis de 120 rapaces que recibiron hoxe os seus diplomas e agasallos

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, clausurou hoxe os cursos de educación viaria celebrados este verán no Parque Infantil de Tráfico, que impartiu o Concello de Lugo en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico.

No acto de clausura dos cursos que este ano chegaron a súa undécima edición estiveron presentes, entre outras autoridades, a Concelleira, a Xefa Provincial de Tráfico, Paula Yubero, e representantes da corporación.

Esther Muñóz pediulles aos rapaces que “ poñan en práctica o aprendido e destacou a importancia da educación vial nos máis pequenos xa que ademais de aprender a respectar as normas tamén aprenden a respectar aos demais”. Neste sentido, destacou que son un cursos xa consolidados e cunha gran aceptación.

Pola súa parte, Paula Yubero sinalou que “os nenos e nenas teñen que poñer en práctica todo o que se lles ensinou e lembrarlles aos máis maiores o que se debe facer”. Así como incidiu en que “é xusto nos momentos previos de converterse en condutores e usuarios da vía cando hai que incidir na educación e na importancia que ten desde o punto de vista familiar e social o tratar de reducir os accidentes de tráfico mediante a educación”.

Nos cursos, que comezaron o día 2 de xullo participaron 120 rapaces de 8 a 16 anos de idade. A primeira franxa, de oito a catorce anos, fixeron cursos de condución de karts e bicicleta; mentres que na segunda, de quince e dezaseis, fixérono en ciclomotor. O obxectivo de ditos cursos é formar aos rapaces e rapazas lucenses para que coñezan as normas de circulación e fomentar así a seguridade cidadá.

Coñeza o Parque Infantil de Tráfico (PIT).


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova