Cargando....
Concello de Lugo
07/12/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O desbroce e o arranxo de mobiliario urbano serán as principais tarefas do Plan de Emprego Local na área de Medio Ambiente


# Xoves, 02/08/2012
Lino González explicou que os traballadores que se contraten levarán a cabo ditas tarefas ao longo dos cinco meses que dura o contrato

Imaxe Asociada

O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, informou esta mañá das actividades que se van levar a cabo na súa área dentro do Plan de Emprego Local posto en marcha polo Concello de Lugo para o fomento do emprego e en substitución do Plan Piles.

Desta maneira, a empresa adxudicataria, que tiña a obriga de contratar a 4 traballadores en situación de desemprego, encargarase do desbroce naquelas propiedades e áreas verdes municipais da periferia do casco urbano, como poden ser as Gándaras, San Lázaro, ou Acea de Olga entre outros. “O Concello xa o está a facer pero os nosos medios non chegan para completar en tempo esta limpeza polo que grazas a estas persoas poderemos rematar antes esta tarefa de desbroce” segundo o Concelleiro de Medio Ambiente. Estas labores de apoio comezarán nas próximas semanas e o primeiro punto de traballo será na zona de San Lázaro.

A segunda actuación que tamén se desenvolverá nos meses de outono será a reparación e mantemento do mobiliario urbano situado nas zonas verdes da cidade, como poden ser a pintura e arranxo de bancos.

O responsable da área de medio ambiente explicou que “dende o Concello apostamos polo emprego nuns momentos no que a precariedade do traballo é cada vez maior e a Xunta non pon en marcha os mecanismos suficientes para paliar esta necesidade”. González Dopeso tamén engadiu que “debemos lembrar que o Presidente Feijoo dixo que o problema do desemprego o ía arranxar en 45 días, botándolle a culpa do mesmo a Touriño, pero agora, catro anos despois, Galicia ten máis desempregados que nunca e a Xunta lávase as mans coa desculpa que a falta de traballo é producido por outros factores”. Así, tamén matizou que “xa que a Xunta non fai nada ao respecto de fomentar o emprego, o Concello de Lugo esta facendo esforzos para dalgunha maneira intentar paliar ese déficit que outras administracións non cumpren.”


O Plan de Emprego ten un investimento total de 300.000 euros procedentes en exclusiva do Presuposto municipal, e a través do cal o Concello garante máis de 25 postos de traballo, 15 deles para parados de longa duración.

As empresas adxudicatarias ocuparanse, durante cinco meses, do mantemento de instalacións educativas, de rúas, zonas verdes e instalacións deportivas, así como de labores de desbroce na zona rural. O Concello de Lugo decide volver a ser un entidade innovadora e pioneira na loita contra o desemprego creando un plan experimental para o fomento do emprego.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova