Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Sete mulleres foron atendidas no primeiro semestre deste ano polo Centro de Atención ás Mulleres Vítimas de Violencia


# Venres, 03/08/2012
O Concello convoca o Concurso de Deseño Gráfico e o de Fotografía contra a Violencia de Xénero

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, deu conta hoxe dos servizos prestados polo Centro de Atención a Mulleres Vítimas de Violencia no primeiro semestre deste ano. Un total de sete mulleres que tiñan ao seu cargo a sete menores, o que supón un 70% da ocupación total, foron os que pasaron polos pisos de acollida para mulleres que sofren malos tratos do Concello de Lugo.

Carmen Basadre destacou que “neste semestre tivemos unha ocupación do 70% en comparación coa ocupación total do ano 2011 que foi do 43% e isto significa que máis mulleres se decidiron a romper con esa situación de violencia doméstica”. Neste sentido tamén se referiu a que “normalmente nos pisos están un promedio de cinco meses porque neste momento o que son as listas de alugueiro da Xunta están paralizadas dende o ano pasado e para estas mulleres era unha medida importante xa que tiñan preferencia á hora da adxudicación”. Esta situación, segundo Carmen Basadre, leva a que moitas mulleres retornen ao entorno da familia da parella maltratadora.

A idade das acollidas flutúa entre os 25 e 44 anos, procedentes catro delas do Concello de Lugo e tres da provincia, a maioría son da zona rural, todas teñen un nivel primario de estudos, son desempregadas ou amas de casa e de nacionalidade estranxeira.

Outro dos datos que destacou a Concelleira é que “nos últimos anos falábamos de que a violencia de xénero afectaba fundamentalmente a mulleres de menos de 30 anos e agora debemos comentar que esta variable cambiou xa que das 7 mulleres, catro delas están entre os 45 e 55 anos”.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude resaltou que do total das mulleres acollidas 6 delas presentaron denuncia no seu día, e que as seis romperon a convivencia, así como que unha permanece vivindo coa súa parella. En cantos ás medidas xudiciais aplicadas, seis delas teñen orde de protección e outra non ten solicitado nada.

Os recursos humanos cos que conta o Concello de Lugo na atención ás mulleres que sofren maltrato son: avogada, traballadora social, psicólogo, pedagoga, especialista en xénero e igualdade, un administrativo e persoas que tramitan todo o relativo ás subvencións da Casa da Muller. Nos pisos de acollida hai seis persoas que traballan a quenllas, traballadores de familia e auxiliares do fogar que prestan servizo ás vítimas e ós seus fillos e fillas, segundo explicou a Concelleira.

Dous certames contra a violencia de xénero

Carme Basadre tamén presentou as bases do tradicional certame de deseño gráfico contra a violencia de xénero, que abre hoxe o prazo de presentación, e “que servirá como cartel da Xornada contra a Violencia de Xénero de Novembro e como campaña de sensibilización e difusión en materia de prevención.”

A Concelleira sinalou que se valorará sobre todo o impacto do lema que conteña o deseño, que a entrega de orixinais se deberá facer na Casa da Muller ou por correo ata as 13.00 horas do 15de outubro e que o premio ascenderá a 600 euros ademais dun diploma.

Por outra banda, tamén informou que se abre o prazo de presentación para o terceiro Certame fotográfico Revelando o machismo ata o 19 de setembro, dotado cun premio de 600 euros máis diploma. “Todo o que teña que ver ca eliminación, prevención ou erradicación da violencia de xénero é importante destacalo” manifestou Carmen.

Excursión Ribeira Sacra

A responsable da área de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, tamén informou que o xoves 13 de setembro haberá unha excursión á Ribeira Sacra organizada en colaboración co Km0 da Deputación de Lugo. Para aquelas persoas que se queiran apuntar poderán facelo na Casa da Muller ata o día 3 de setembro, o importe é de 5 euros.

www.lugo.es/ws/casadamuller

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova